Insisten en que, dada a problemática, “non é de recibo que aínda non se depurasen responsabilidades políticas e mesmo dimisións no goberno local”
Viveiro, 7 de marzo de 2024. O PP de Viveiro lamenta que a alcaldesa “desaproveitase” a xuntanza celebrada este xoves co presidente da Deputación para “pechar unha colaboración” que permita dar solución á inseguridade xerada na cidade debido a que o 100% dos efectivos da Policía Local se atopan de baixa por depresión. A voceira do Grupo Municipal, Mariña Gueimunde, amósase moi crítica coa socialista, pois foi ela a que na Xunta de Voceiros, celebrada esta mesma semana, trasladou aos grupos políticos que compoñen a Corporación a súa vontade de pedir colaboración á institución provincial.
“Claramente a Sra. Loureiro non ten nin vontade política nin persoal de buscar alternativas á indefensión na que nos atopamos e, todo elo, tendo en conta que estamos ás portas da Semana Santa, na que Viveiro aumenta considerablemente a súa poboación”. E é que, segundo apunta, ao non trascender nada relevante sobre este asunto por parte das administración local e provincial “queda claro que a alcaldesa está a vulnerar” ademais unha competencia que a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local lles atribúe aos alcaldes/alcaldesas e que establece, no seu artigo 124, que a Xefatura da Policía Municipal é unha competencia indelegable mesmos.
“PUNTA DO ICEBERG”
Para os populares “isto é a punta do iceberg”, pois, segundo lembran, “xa o viñamos advertindo nos últimos meses”. Ademais, engade Gueimunde, non dispor de efectivos nas quedas diurnas e nocturnas constitúe “un auténtico perigo” para os viveirenses.
A totalidade do cadro de persoal presentou a baixa por padecer episodios de ansiedade e depresión. Por tanto, non foi por estar en desacordo coas retribucións, senón a que non se senten dignificados no seu traballo, nin apoiados polo goberno local nas súas queixas e reivindicacións ao respecto “do clima tan tóxico que se está a respirar no corpo por mor das actuacións irracionais ás que se ven sometidos. A situación é de tal gravidade que ata o xefe do servizo tamén causou baixa laboral”, remarca a voceira do PP.
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS E DIMISIÓNS
Por todo elo, dende o PP de Viveiro instan, de novo, á alcaldesa a asumir a súa responsabilidade. “Non queremos lamentar un mal maior. Estamos desamparados e desprotexidos”; de aí que consideren que “non é de recibo que aínda non se depurasen responsabilidades políticas e mesmo dimisións no goberno local”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



