Ribadeo, 17 de marzo de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a puxanza do sector da comercialización de produtos pesqueiros e seu papel como fonte de riqueza e xeración de emprego de calidade nas economías dos concellos costeiros. Neste sentido se expresou o titular de Mar durante o ágape celebrado no novo establecemento da empresa Mariscos Ribadeo na localidade lucense coa que expande a súa actividade de negocio equipando ao novo local de viveiro e cocedeiro ofertando a posibilidade aos clientes de mercar o produto tanto fresco como cocido ampliando deste xeito os seus horizontes comerciais dedicados á venta e distribución de produtos pesqueiros. O representante autonómico puido coñecer da man dos responsables da empresa os seus plan futuros para seguir crecendo e que pasan por afondar na comercialización online e nos produtos conxelados.
Alfonso Villares valorou moi positivamente a traxectoria de esta empresa que amosa de xeito singular o potencial do sector da comercialización dos produtos pesqueiros galegos que gozan dun gran prestixio nos mercados pola súa calidade, sabor e polos seu múltiples beneficios para a saúde dos consumidores. O conselleiro destacou que esta actividade é crucial á hora de levar os produtos do mar galegos ao longo de toda a xeografía galega e máis alá das nosas fronteiras contribuíndo a acrecentar o peso do conxunto da cadea mar-industria na economía galega que alcanza na actualidade ao redor do 5 % do PIB e emprega a máis de 50.000 persoas.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


