Así parece ser. Quen se ocupa delas, fainas á súa medida. Comezando polos políticos nos foros que as redactan ou as aproban, goberno e cámaras representativas -pode que un pouco máis amplas de medida se se din representantes democráticos, pero dá a impresión de que cada vez menos-. Continuando cos xuíces que Xulgan sobre o seu texto e deciden segundo o seu xuízo (está claro que, nese caso, non as ‘fan’, senón que as ‘afán’ ca súa interpretación). E claro, para rematar, tendo sempre presente que uns e outros vense agasallados, puxados e tamén empurrados (algo así como o da aplicación do ‘pao e cenoria’) pola xente con fortes intereses, cartos e poder (que veñen ser xeitos diferentes de dicir a mesma cousa).
E, quen inflúe nos xuíces, nos lexisladores… está por riba, a modo dunha capa superior, como ‘meta facedor de leis’ ou ‘meta lexislador’.
Cada vez é máis visible, máis frecuente poder ver o retorcemento da lei, de xeito sistemático para unha ou outra beira segundo a quen lla haxa que aplicar. Polo menos, esa é a percepción que os non versados temos do que está a ocorrer e que remata por afectarnos aínda que algunhas das decisións parezan lonxe da nosa vida. Si, rematan sendo lonxe da nosa vida tamén por onde e como son tomadas. Podes deixar morrer miles de persoas, e aínda así, estar dentro da legalidade. Pero naturalmente si estarás cometendo un crime se non acodes en axuda dunha soa á que non puxeches ti nun mal paso pero tocouche estar nun lugar e tempo próximos. Ou podes envelenar a auga de toda unha zona cunha macrogranxa coa única intranquilidade de ter que aguantar os berros dos veciños, pero non tumbes unha árbore á beira dun río, que naturalmente te metes en problemas coas leis de medio ambiente feitas para protexerte tamén a ti. Tamén, podes manifestarte e ameazar de morte ó xefe do goberno sen que che pase nada grave despois dunha investigación por xente próxima a ti, pero ai de ti se dun xeito pacífico tentas facer un cordón arredor dunha institución que debera estar a representarte, porque podes fundir a túa vida. De xeito parello, podes mentir e facer que a maquinaria xudicial se poña en marcha contra quen é acusado polas túas mentiras, mentres que se estás ‘do outro lado’ poderás ser acusado de mentir pola estrutura xudicial, xa de oficio, aínda que digas verdades que outros din que non se poden dicir… A solución xa dirá a súa verdade, aínda que sexa tempo despois de caer como unha lousa sobre a túa vida. E así sucesivamente.
Si, xa sei que todo o anterior pode ter as súas reviravoltas en cada caso particular, e que un caso é diferente do outro e do outro máis. Pero tamén sei que esas particularidades non invalidan a diferenza de trato que estou a sinalar.
Non sei por que, venme á cabeza aquela xustificación por tradición: ‘sempre se fixo’. Pero non, nin ten por que terse feito ‘sempre’ nin ese sempre (é dicir, en realidade, ‘ata o momento’) sería xustificación.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



