Ribadeo, 14 Marzo, 2024. Unhas persoas que se atopaban pola zona localizaron o corpo do varón caído nunhas rochas da Praia dos Castros, na Devesa, en Ribadeo.
Os alertadores que divisaron o corpo, pasados cinco minutos das doce e cuarto deste mediodía, informaron de inmediato ao 112 Galicia. Aseguraban que o home estaba nun lugar de fácil acceso, xustamente a carón das escaleiras de baixada á praia.
Con esta información, os xestores do 112 puxeron os feitos decontado en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local. Así mesmo, informaron ao persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Garda Costas de Galicia.
Segundo a información recibida no 112 Galicia trátase dun cidadán de fala francesa. Nestes intres, as forzas da orde traballan para esclarecer as causas do suceso.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



