Grazas é a palabra que mellor reflicte o sentimento de todo o PP de Burela trala cita electoral do pasado domingo 18 de febreiro. É por iso polo que non podía deixar pasar a oportunidade de trasladarvos o noso agradecemento por ter confiado maioritariamente no Partido Popular nas eleccións autonómicas. O voso apoio permitirá que Galicia conte cun goberno estable presidido por Alfonso Rueda, un goberno que xestiona con sentidiño, atendendo aos intereses dos galegos e, sobre todo, comprometido con Burela.
O PP foi a forza máis votada no noso municipio ao alcanzar 2.153 apoios que se traducen nun 48,93% dos votantes. O Partido Popular protagoniza, ademais, o maior aumento con respecto ás autonómicas do 2020 (sube un 4,44%). E tamén resulta significativo que foran máis os bureleses e burelesas que elixiran a papeleta do PP que as do PSOE e BNG (os partidos que están a gobernar no noso Concello) xuntos.
Con estes resultados, o Partido Popular de Burela consolídase como a única formación política en Burela que mellorou sistematicamente os seus resultados no último ciclo electoral (dende as municipais do 2019). De feito, nas municipais e xerais do pasado 2023, o apoio ao PP incrementouse arredor de 13 puntos (un 12,96% nas municipais con respecto ás do 2019 e 13,83% nas xerais con respecto ás anteriores).
Pero isto non sería posible sen a confianza dos veciños. Sen o apoio constante de afiliados e simpatizantes. Sen o esforzo de interventores e apoderados nas distintas citas electorais. E sen o traballo diario que desenvolven os concelleiros do Grupo Municipal Popular co obxectivo de ser útiles para Burela e os bureleses.
Os últimos resultados electorais non fan máis que animarnos a traballar para devolver toda a confianza que os veciños e veciñas depositades en nós.
Manuel Rouco, presidente do PP de Burela e voceiro do Grupo Municipal Popular



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



