Trátase dunha obra de teatro de títeres dirixida a un público infantil e familiar. Un espectáculo baseado na obra ‘Concerto de aves’ de Frans Snyders, moi visual e cargado de música e emocións. Narra as aventuras de Güili, unha pequena cegoña que quere sumarse ao reparto de bebés recén nacidos xunto ao resto de cegoñas. A entrada ten un prezo de 3€.
![‘Güela-Güela’, de Galitoons, este sábado 23 ás 18:00, na Casa da Cultura de Burela](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2024/03/BURELA-20-MAR-2-1024x795.jpg)