Lugo, 4 de marzo de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación, María Luisa Castro, colocaron hoxe na fachada do edificio a pancarta que anuncia a semana do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A subdelegada destacou que “non podemos dar nin un paso atrás na loita contra as desigualdades que seguimos a sufrir polo feito de ser mulleres, debendo afianzar todas as conquistas para facelas efectivas na realidade social”.
Isabel Rodríguez clamou pola necesidade de lembrar “ás mulleres que conseguiron dereitos para todas a base de moito sacrificio, ás que ocuparon espazos que lles eran negados, ás que fixeron fronte ás violencias estruturais”, pero advertiu “que aínda queda moito camiño por percorrer, pois seguimos vivindo e sorteando moitos obstáculos que limitan o noso libre desenvolvemento como persoas que somos”.
Dende ás Unidades de Violencia de Xénero da Delegación e Subdelegacións do Goberno en Galicia levaranse ao cabo durante a semana distintos actos entre os que se atopan a lectura do manifesto, xornadas formativas como a deste martes 5 de febreiro, enfocada no Marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, ou mesmo a presentación do Punto Violeta nas oficinas do SEPE.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



