A recente construción do paseo de Os Castelos e o acondicionamento da praia de Fomento sumaranse a esta obra para conectar o litoral e ampliar a oferta xa existente de rutas de sendeirismo, miradoiros e áreas recreativas
Lugo, 23 de marzo de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deu conta do anuncio recollido no Boletín Oficial do Estado sobre a licitación do proxecto de execución do sendeiro litoral no concello de O Vicedo entre Os Castelos e a praia de Fomento, que se construirá tras a recuperación da servidume de tránsito. O orzamento base de licitación é de 311.469,47 euros.
A subdelegada explicou que “o proxecto persegue a finalidade de favorecer o desfrute para toda a veciñanza de novas franxas da costa da Mariña, dando continuidade á aposta tanto do concello como do Goberno polo valor paisaxístico desta zona, ampliando a oferta existente de rutas de sendeirismo, miradoiros e áreas recreativas”.
Esta senda comeza no Camiño da Fábrica e discorre ata o entronque co paseo de Os Castelos, construído recentemente pola Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar na avenida de Arealonga do concello mariñao. Ademais, acondicionouse parte do espazo na praia de Fomento, que sumado ao novo anuncio permitirá continuar coa mellora e conexión deste tramo do litoral.
A subdelegada subliñou que “demostramos con feitos a aposta do Goberno pola conservación e mellora do litoral, cun investimento total de máis de 2,2 millóns de euros na provincia, concretamente nos concellos de Foz, Barreiros, Ribadeo e agora O Vicedo”. Neste senso, Rodríguez lembrou as últimas obras realizadas, como a senda peonil de 16 km entre as praias focenses de Peizás e A Pampillosa, cun custo de 886.500 euros, ou as melloras nas praias de Arealonga e Valea con 900.000 do Plan de Recuperación.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



