Ribadeo, 11 de marzo de 2024. O Concello renova e arranxa o ascensor panorámico de Ribadeo. O alcalde, Dani Vega, subliña que a zona conta con vídeo vixilancia.
O rexedor dixo que “durante este tempo estivemos arranxando o ascensor panorámico. Levaba un tempo pechado, pero era por un motivo, porque estaba completamente abandonado e tiñamos que solucionar os problemas que sufría”.
Vega manifestou que “nosoutros podiamos buscar responsables e explicar perfectamente o abandono que tivo durante todo este tempo, pero eu creo que o que hai que facer é solucionar os problemas. É verdade que Orona nos trasladou un informe moi duro, que explica perfectamente que o ascensor panorámico tivo unha falta de inversión durante moitos anos e como consecuencia son as avarías de hoxe”.
O alcalde declarou: “nosoutros solucionámolas, é dicir arranxamos todas as avarías do ascensor, renovamos o cadro eléctrico que estaba nunha situación de ilegalidade e tamén falamos coa empresa para ir facendo paulatinamente mais inversións. Tamén fixemos unha cousa que é moi importante: dotar de seguridade ao ascensor, vai ser unha zona vídeo vixiada e tamén queremos dicir con moita claridade que tivemos que pintar todo, porque estaba todo cheo de pintadas tanto nas escaleiras como nas portas ou mesmo dentro do ascensor”.
Para Dani Vega: “si queremos trasladar a mensaxe de que Ribadeo é ese pobo turístico debemos traballar pola excelencia, iso é algo complexo, non é fácil, non se fai en dous días, pero é verdade que con ganas, con vontade e con planificación se pode ir mellorando a situación. O ascensor de hoxe non é o de antes, é moderno, conservado, limpo e imos estar permanentemente coidando ese punto turístico moi importante e que debemos ter claro que si temos infraestruturas que dan un servizo a veciños e turistas debemos telas conservadas. O importante non é facer obras por facer, o importante é facelas, conservalas, mantelas e telas en perfectas condiciones”.
O rexedor ribadense engadiu: “desde logo nosoutros imos seguir neste traballo. Nosoutros non perdemos o tempo en buscar culpables, sabémolo perfectamente, pero o que queremos é buscar a solución e traballar para o conxunto dos cidadáns. E iso foi o que se fixo co ascensor panorámico, que estaba completamente abandonado, e agora temos un ascensor renovado, limpo e un punto turístico moi importante que ten Ribadeo”.
O ascensor panorámico xa está en funcionamento.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



