O Goberno provincial sacou adiante a súa proposta con relación ás actuacións e proxectos solicitados polas entidades locais con cargo a este programa, que inxectará en total máis de 25M€ no tecido socioeconómico sumando as achegas dos municipios
Lugo, 26 de marzo de 2024. O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de actuacións e proxectos que os 67 concellos da provincia propuxeron para executar con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024, que nesta anualidade conta con 21,75M€ de fondos da institución provincial. Deste xeito, o Goberno provincial sacou adiante a súa proposta a favor deste programa de investimentos, que inxecta en total máis de 25M€ de fondos públicos no tecido socioeconómico da provincia, tendo en conta as achegas dos concellos, que superan os 2,5M€.
Destacou o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, que é o cuarto ano consecutivo que esta ferramenta se aproba no primeiro trimestre do ano, permitindo así aos concellos “planificar as súas accións, traballar con máis previsión, aproveitar mellor os recursos e dar unha resposta máis áxil aos veciños e veciñas”. Tamén animou á Xunta de Galicia a poñer en marcha “unha ferramenta similar” para “garantir a equidade” no reparto dos fondos públicos e “evitar usos partidistas” dos mesmos.
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, explicou que con este instrumento de cooperación a Deputación garante a distribución dos recursos públicos entre os 67 concellos da provincia “con criterios públicos e obxectivos”, e que os concellos presentaron as súas propostas para investir estes fondos da institución provincial aos diferentes programas: investimentos; Servizo de Axuda no Fogar (SAF); reforzo do emprego; actividades culturais; actividades deportivas; actuacións e eventos turísticos; feiras e mercados; administración electrónica e protección de datos; e protección civil.
Nas peticións das entidades locais teñen prioridade os investimentos, aos que deciden dedicar preto de 17M€ -case o 70% do total dos fondos-, para acometer 331 obras e subministracións; seguido da creación de emprego, á que destinan 3,7M€ cos que crearán 301 postos de traballo; e do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), para o que os concellos de menos de 20.000 habitantes reciben 3M€ para atender a unhas 2.000 persoas.
Modificación do Orzamento
Na sesión de hoxe tamén se lle deu o visto bo a unha modificación do Orzamento da Deputación de Lugo para este ano 2024, mediante Transferencia de Crédito e Suplemento de Crédito, precisamente para poder materializar o Plan Deputación. A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Carmela López, detallou que coa Transferencia de Crédito, se modifican as partidas orzamentarias que estaban consignadas inicialmente no Presuposto para adaptalas ás necesidades manifestadas polos concellos. E, por outra banda, co Suplemento de Crédito, incorpóranse aos Orzamentos algo máis de 10M€ con cargo ao Remanente Líquido de Tesourería, o que permite que a dotación económica do Plan Deputación deste ano alcance os 21,75M€.
Así mesmo, acordouse a incorporación de 4,3M€ de remanentes ao Orzamento deste ano 2024 para “seguir reforzando a cooperación da Deputación cos concellos, e o apoio ao tecido social e económico da nosa provincia, para que poidan manter ou impulsar novas accións que contribúan a mellorar a calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas, así como á dinamización da actividade económica e do emprego, nun contexto que continúa sendo complicado para a cidadanía”, detallou López, ao tempo que concretou a Deputada que estes fondos “irán destinados a distintos eidos que consideramos fundamentais para o noso territorio, como son a cultura, a mocidade, o deporte, o medio rural, o turismo, a atención á cidadanía e as transferencias ós concellos”.
Cambio de titularidade de dúas estradas provinciais
Por outra banda, o Pleno da Deputación aprobou as solicitudes de cambio de titularidade de dous tramos doutras tantas estradas provinciais. Por un lado, acordouse a cesión ao Concello de Monterroso de algo máis de 200 metros da LU-P-3301, que conecta a vila co lugar do Marco, na parroquia de Ligonde. En concreto, o treito cedido vai do inicio da vía ao punto quilométrico 0,210.
Por outra banda, aprobouse transferir a titularidade ao Concello de Outeiro de Rei dun treito de máis de dous quilómetros da LU-P-3907, que comunica a parroquia de Arcos co polígono do Ceao. Trátase en concreto do tramo que vai da intersección desta vía provincial coa LU-P-3906 –de Bonxe a Rozas- ata o límite municipal co concello de Lugo. É un tramo con moito tráfico porque é onde se sitúa o complexo deportivo D10.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



