Ribadeo, 5 de marzo de 2024. O restaurante Javier Montero, de Ribadeo, recibiu un Sol da Guía Repsol 2024 durante a gala que se celebrou este luns, en Cartagena. Para participar nese importante evento gastronómico desprazáronse ata esa cidade da Región de Murcia os responsables do restaurante ribadense, Javier Montero e Tita Iglesias. No Auditorio e Palacio de Congresos O Batel compartiron gala con outros galardoados de toda España, autoridades e personalidades do sector.
“Foi unha gran sorpresa porque recibir este galardón é un recoñecemento moi importante para nós. Tamén nos fai ilusión porque ao mesmo tempo A Mariña Lucense, e neste caso Ribadeo, soará máis no campo da gastronomía e ao final iso é bo para todos”, comentaron os propietarios do restaurante Javier Montero.
O hotel restaurante Javier Montero, que abriu en Ribadeo en novembro do ano 2018, tamén conta coa distinción de restaurante recomendado pola Guía Michelín.
Parabéns de Acisa
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifiesta: “estamos muy contentos por este galardón, que es el reconocimiento al trabajo bien hecho en la cocina por Javier Montero y en la sala por Tita Iglesias. Esta pareja lleva muchos años de esfuerzo, de esmero, de perseguir la perfección y de sorprender al comensal con sus propuestas culinarias, algo que consiguen a diario en su local y que ahora se ha visto reconocido por la Guía Repsol”.
O xerente da asociación ribadense, Jesús Pérez, recorda que “el restaurante Javier Montero lleva años siendo recomendado también por la Guía Michelin”. E engade: “nuestras felicitaciones para Tita y para Javier, a los que animamos a seguir en la senda iniciada hace años, porque toda lucha, todo esfuerzo, tiene su premio. Para Ribadeo y su hostelería este galardón es muy importante. Es una gran noticia no solo para ellos, sino también para nosotros y para el conjunto de Ribadeo. Nuestra localidad es un referente gastronómico por muchos motivos y hoy por uno más. Esto es una muestra del gran talento, calidad y trato con el que se trabaja en la hostelería ribadense. Ribadeo hoy es un punto más destacado en el mapa de la gastronomía de calidad”.
Cruzado Iglesias sinala que “Javier Montero es el primer restaurante de Ribadeo en recibir el Sol de Repsol, el segundo de A Mariña y el tercero de la provincia de Lugo. Esperemos que la gastronomía ribadense, mariñana y lucense vaya ocupando el lugar que se merece en el panorama nacional e internacional”. Y añade: “esperamos y deseamos que estos reconocimientos sean el espejo en el que puedan mirarse los jóvenes estudiantes de las escuelas de hostelería de la zona. En Ribadeo y en A Mariña hay futuro en el sector. Para muestra esta noticia que hoy compartimos todos con tanta ilusión”.
A presidenta de Acisa considera que “el turismo gastronómico tiene mucho tirón y entre todos tenemos que aprovecharlo y disfrutarlo”.























A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



