O Voceiro do PSdeG no municipio, Pablo Díaz, explica que a xubilación de dous dos tres facultativos provocou que as citas médicas se retrasen ata as dúas semanas e que os veciños teñan que desprazarse ata Vilalba
Abadín, 15 de marzo de 2024. A agrupación do PSdeG en Abadín denunciou este venres a falta de médicos que padecen no centro de saúde do municipio. A Xunta de Galicia non dotou de persoal o ambulatorio tras a xubilación de dous facultativos e como consecuencia, as citas médicas retrásanse ata dúas semanas. Moitos pacientes optan por desprazarse ata Vilalba, pero outros non teñen nin esa opción. O Voceiro socialista no municipio, Pablo Díaz, foi contundente ao reclamar “solucións urxentes” á Xunta.
“É unha vergonza. Non todo o mundo ten a opción de desprazarse 20 quilómetros ata Vilalba para recibir atención médica. Aquí temos moitos veciños e veciñas maiores que non teñen esa posibilidade. Esta discriminación co rural non nos sorprende, porque levamos anos sufríndoa, pero non é tolerable. Están facendo desaparecer a sanidade pouco a pouco e xogando coa vida das persoas”, asegurou.
Pablo Díaz explicou que “dos tres médicos que había, xubilouse o primeiro e amortizaron a praza, quedando dous. Xubilouse o segundo, pero a médica que ten a praza colleu unha baixa hai moitos meses. Esa baixa cóbrese, aínda que non todos os días, cada día cun médico diferente e moitas veces vén só dúas horas ou non vén ningún”. Agora, a única médica titular coa que conta o centro de saúde de Abadín “está a punto de xubilarse e ten trazas de que non veña ninguén para o sitio, cando neste concellos somos 2.300 habitantes”. Sinalou o socialista que é frecuente que chamen para anular ou cambiar citas, provocando así moitos trastornos.
Tamén están a ter problemas en Abadín coas citas do servizo de pediatría. O Voceiro socialista de Abadín explica que os nenos e nenas que empezan o colexio tiveron dificultades para facerse coa documentación médica que piden para matriculalos en Infantil.
Os socialistas de Abadín levan anos batallando para mellorar a Atención Primaria no concello. No seu momento, presentaron ante a Consellería de Sanidade máis de 1.000 firmas para dotar de persoal este servizo.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



