As entradas individuais venderanse unicamente media hora antes de cada función
Cariño, 24 de xullo, 2026. O Concello de Cariño abrirá o vindeiro luns, 27 de xullo, a venda de bonos para a XLVIII Mostra de Teatro Galego, que se celebrará do 2 ao 8 de agosto no municipio do Ortegal.
Os bonos terán un prezo de 25 euros e permitirán acceder ás cinco funcións de pago programadas en horario nocturno no Auditorio Municipal. Estarán á venda ata o venres 31 de xullo no servizo de recadación, situado na primeira planta da Casa do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas. As entradas individuais non se venderán de maneira anticipada e poderán adquirirse unicamente media hora antes do inicio de cada función.
Este tícket inclúe o acceso aos espectáculos ‘Ictus’, de Chévere; ‘Mofa e Befa: Os dous de sempre’, de Producións Teatrais Excéntricas; ‘Costa da Morte. Cartografía dun naufraxio’, de Mariña Lestón; ‘Feminísimas’, de De Ste Xeito; e ‘A Penúltima’, protagonizada por Carlos Blanco. Todas estas representacións celebraranse ás 22:00 horas no Auditorio Municipal.
Entradas individuais
Pola súa banda, as entradas individuais custarán 6 euros para os espectáculos dirixidos ao público adulto e 1,50 euros para as representacións infantís de pago, que tamén son cinco en total: ‘A viaxe feliz de Ramón Sanfiz’ (Fantoches Baj), ‘Crunch 2’ (Muu), ‘Berenguela na gaiola’ (Galeatro e Xarope Tulú), ‘Tarabela Ambulante’ (Tarabela Creativa) e ‘Concerto Singular’ (Píscore).
A programación da Mostra complétase con outros cinco espectáculos gratuítos: ‘Animacreques’, da Compañía Catropés, con saída desde a Casa do Concello; ‘Historias para escagharriñarse’, de Teatro Ghazafelhos; ‘Tríade e Alleo’, da Compañía Colectivo Glovo; ‘Enredos’, de A Vela Circo, e ‘Degustación de imposibles’, do ilusionista Joshua Kenneth, que porá o peche á XLVIII Mostra de Teatro Galego. Estas últimas propostas desenvolveranse na Porta da Pulida.
A programación completa pode consultarse na páxina web da Mostra e nas súas redes sociais oficiais.
Ademais, e como antesala do festival, a Escola Municipal de Teatro de Cariño ofrecerá unha representación especial o sábado 1 de agosto. O alumnado de entre 10 e 14 anos porá en escena a obra ‘Quen matou a Pepe Corleone?’, con guión e dirección de Pepablo Patinho, nunha cita que servirá para inaugurar simbolicamente unha nova edición da Mostra.



















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



