O Instituto de Crédito Oficial porá a disposición 2.500 millóns de euros que permitirán o acceso á vivenda de milleiros de mozos e mozas galegas, ademais de garantir a protección dos menores daquelas familias que o precisan
Burela, 11 de marzo de 2024. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou durante a visita institucional ao concello de Burela as condicións dos avais que facilitarán a compra da primeira vivenda a mozos e mozas de menos de 35 anos e a familias con menores a cargo, garantindo ata o 20% da hipoteca. Explicou os requisitos xunto coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa, Carmela López, con quen compartiu a necesidade de consolidar a vivenda como quinto piar do estado de benestar con políticas públicas que axuden a fixar poboación en concellos pequenos.
Na xuntanza, Pedro Blanco confirmou que “acabamos de aprobar novos avais do Instituto de Crédito Oficial (ICO) cunha liña de 2.500 millóns de euros para a compra da primeira vivenda, o que terá un gran impacto en Galicia por ofrecer esta posibilidade a preto de 50.000 mozo e mozas”.
Subliñou ademais o compromiso do Goberno na protección dos menores “cunha medida que serve para dar solución a un problema complexo que necesita de instrumentos concretos para abordalo”. Defendeu neste senso “que non é unha iniciativa illada, pois foi tamén este Goberno o que aprobou a primeira Lei de Vivenda da democracia, que se complementa con outras respostas como o bono xoven ou as axudas ao alugueiro”.
Pedro Blanco puxo en valor o traballo da alcaldesa na procura de solucións para os seus veciños e veciñas, “sei que traballamos da man para mellorar a vida da xente, e que nun concello como Burela de menos de 10.000 habitantes a rede de servizos e as políticas públicas son máis necesarias que nunca”.
Condicións dos avais
Dentro das persoas de ata 35 anos e familias con menores a cargo, poderán acceder a este programa persoas con residencia legal en España continua e ininterrompida durante os dous anos anteriores á solicitude do préstamo, con ingresos individuais que non superen os 37.800 euros brutos ao ano (4,5 veces o IPREM). No caso de que a vivenda sexa adquirida por dúas persoas, dobrarase este límite, e incrementarase en 0,3 veces o IPREM por cada menor a cargo. No caso de familias monoparentais poderá incrementarse nun 70% adicional.
O Goberno cubrirá ata o 20% do total do crédito e o límite do patrimonio avalado será máximo de 100.000 euros. Os préstamos poderán formalizarse ata o 31 de decembro de 2025, tendo o aval un prazo de 10 anos como máximo.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



