Mondoñedo, 12 de marzo, 2024. Ven de presentarse a Semana Santa de Mondoñedo, declarada de Interese Turístico Galego, que terá lugar dende o sábado 23 ao domingo 31 de marzo na cidade episcopal.
O acto estivo presidido polo Alcalde de Mondoñedo e, a este, asistiron membros da V.O.T Franciscana, Cabido da Catedral de Mondoñedo, a Concelleira de Turismo e Camiño Norte e un representante do grupo municipal socialista.
Mondoñedo, con el, saca á luz a programación da Semana Santa que, no presente ano, arrancará co Pregón, a cargo de Ramón Loureiro, na Catedral de Mondoñedo o sábado, día 23, ás 20:00h.
Continuarán os actos o domingo 24, “Domingo de Ramos”, coa Procesión de Ramos que arrancará na Igrexa Parroquial de Santiago e rematará na Catedral cunha Misa Solemne. Pola tarde regresa a actividade coa Procesión do Ecce Homo, precedido dun acto procesional na capela da VOT.
A actividade relixiosa retomarase, novamente, o Mércores Santo, cando, na tarde dese día, se celebre a Procesión dende os Remedios a San Blas, para continuar co Via Crucis dende San Blas ao Mosteiro dos Picos.
O Xoves Santo volta a centrarse a atención na Catedral Basílica da Asunción coa Cea do Señor, para logo celebrar a Procesión do Prendemento con saída do Barrio dos Muíños e rematar o día, novamente na Catedral, coa Hora Santa.
O Venres Santo é o día de máis actividade relixiosa pois concentra o maior número de procesións de toda a Semana Santa de Mondoñedo con epicentro na Catedral. Comeza a xornada na Fonte Vella co Santo Encontro para continuar a mañá co Vía Curcis na Catedral. Logo, na tarde dese día, celebrarase a Paixón, na Catedral, e do templo mindoniense sairán, posteriormente, a Procesión do Santo Enterro e a Procesión da Soidade, para rematar a xornada xa á noitiña acompañada por candeas e coa interpretación do Plorans do Mestre Pacheco.
O Sábado terá lugar a Vixilia Pascual, á noite, e rematarán as actividades da Semana Santa de Mondoñedo o domingo, 31, coa Misa de Resurrección, que se celebrará na S.I. Catedral Basílica da Asunción.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



