Ribadeo, 29 de abril de 2024. O Concello creará un aparcadoiro nas inmediacións da Illa Pancha, onde marchan a bo ritmo as obras que realiza no acceso a ese lugar a Autoridade Portuaria cun investimento de 91.000 euros. Así o anunciou hoxe o alcalde, Dani Vega.
O rexedor contou que “seguen a moi bo ritmo as obras na Illa Pancha. A Autoridade Portuaria está a investir neste momento máis de 91.000 euros, unha administración á que nós desde a oposición lle reivindicabamos que había que investir para mellorar todo este acceso á Illa Pancha e desde o goberno estámolo acreditando”.
Vega dixo: “deixamos atrás ese conflito e esa confrontación absurda, o que temos que ser conscientes é que con esas actitudes, de insulto, de confrontación, non estabamos a traer nada para Ribadeo. Este entendemento coa Autoridade Portuaria a primeira mostra é a mellora significativa de toda a Illa Pancha: un novo pavimentado, mellora dos aparcadoiros, tamén mellora dos puntos de risco como pode ser a curva de acceso á Illa Pancha, ou eses miradoiros que implican certo risco e debemos poñer vallas de protección, hai que mellorar o mobiliario, hai unha parte que se pode rehabilitar, pero hai outro que temos que poñelo novo… iso ata o de agora son 91.000 euros de inversión”.
O alcalde anunciou: “queremos crear un aparcadoiro nesta zona. Todo veciño ou visitante que chega á Illa Pancha non ten onde aparcar, iso xera conflito e atasco todas as fins de semana e isto hai que solucionalo. Podemos mirar cara outro lado e dicir pois que aparquen onde poidan, pero iso non pode suceder. Podemos permitir aparcar, como se está a facer ata o de agora, no carril bici, pero non pode ser que enviemos a Policía Local a sancionar. Hai que poñerlle solucións aos problemas. Temos unha parcela que estamos arranxando e vamos poñerlle un pavimentado que nos permite Costas porque nos espazos naturais non podemos poñer calquera tipo de material senón aquel que permite a lei. Nos próximos días xa teremos case concretada a obra. Tamén vamos intentar negociar novos aparcadoiros nos próximos días”.
Dani Vega subliñou: “polo tanto hoxe a noticia é moi importante: non só é mellorar o acceso a Illa Pancha senón que é dotar, por vez primeira, dun aparcadoiro no entorno da Illa Pancha e deixar atrás eses atascos de tráfico, eses conflitos que se creaban nese espazo e poñerlle solución, concretada cun aparcadoiro que nos vai servir para ter ben ordenado o tráfico e que non haxa eses problemas que había no verán, nas pontes e practicamente todas as fins de semana”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



