Ata o próximo venres 19 de abril, quedará cortada a estrada provincial LU-P-2007, que vai de Nois-praia, por Cordido, ao Eixo a Moas, no punto quilométrico 3,700, debido ás obras que a institución provincial acometerá para substituír a drenaxe transversal. Os traballos, cun orzamento de 6.000€, serán realizados pola empresa adxudicataria da conservación desta zona da rede viaria provincial. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Estrada cortada en Foz
Estrada cortada en Foz
Relacionado
-
Foz, Cangas e Vilaronte acollen actividades do programa Xunt@s da Deputación
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
O PP de Foz propuxo no pleno a apertura polas tardes da Casa da Xuventude e crear unha mesa dinamizadora