Viveiro, 2 de abril de 2024. A Concellería de Obras do Concello de Viveiro extenderá a rede de saneamento ás vivendas da Igrexa, na parroquia de de Vieiro, co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro, o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García, a tenente de alcaldesa Miriam Bermúdez, e Ramón Martínez, concelleiro de Medio Rural , achegáronse esta mañá ata a zona onde se están a desenvolver as obras.
Os traballos previstos consisten na extensión da rede de saneamento municipal mediante a instalación dunha tubaxe pola vía municipal que comunica as vivendas e dá acceso a varias parcelas agrícolas. A rede, que se instalará a un metro de profundidade, rematará nunha estación de bombeo de augas residuais de nova construción executada en polietileno, que se conectará ao colector xeral que evacúa as augas ata a EDAR de Celeiro.
A tenente de alcaldesa Miriam Bermúdez explicou que “a extensión da rede de saneamento prestará servizo a cinco vivendas, aumentado a calidade dos servizos para as persoas que viven aquí e mellorará a calidade medioambiental na zona, xa que esta actuación tamén evitará o vertido de augas residuais directas ao medio, sen depurar”
O deputado de Rural Daniel García sinalou que “a extensión dos sistemas de saneamento e abastecemento supoñen un grande esforzo económico para os concellos con amplas zonas rurais, polo que a colaboración entre administracións resulta fundamental” e sostivo que “a mellora dos servizos é imprescindible para que as zonas rurais sigan mantendo a poboación e a actividade produtiva”
As obras, que teñen un prazo de execución dun mes, supoñen un investimento de 48.270€.
Arranxo da pista de Fontecova
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a área de Medio Rural do Concello de Viveiro tamén asinaron un convenio de colaboración para o acondicionamento da pista de Fontecova, na parroquia de Viveiro.
Trátase dun vial de titularidade municipal que serve como acceso a unha zona de gandeiría, moi deteriorado polo tránsito de maquinaria agrícola. As obras, adxudicadas cun investimento de 41.250 euros, suporán a rehabilitación integral da pista, con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e pintado de marcas viais e sinalización vertical.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



