Ribadeo, 2 de abril de 2024. As obras de reforma da residencia hospital asilo marchan a bo ritmo, segundo o alcalde, Dani Vega. O equipo de goberno quere que os usuarios da instalación poidan regresar canto antes.
O rexedor explicou que “seguen a moi bo ritmo as obras na residencia hospital asilo, baixo planificación técnica, sendo rigorosos nos tempos e esixíndolle á empresa que os cumpra. Iso é moi importante en todas as obras, pero máis se cabe na residencia hospital asilo”.
Vega dixo que “nosoutros tamén estamos ocupados e preocupados porque as persoas que vivían nesta residencia veñan canto antes e por iso queremos que se cumpran os tempos. Hoxe visitamos a residencia hospital asilo e comprobamos que as obras van a moi bo ritmo e dende logo isto é no que vamos a seguir ocupados e preocupados, para que se cumpran os tempos, facendo as obras perfectamente”.
O alcalde indicou que “tivemos que facer certas modificacións no proxecto; espero que non se teñan que facer máis, pero non se descarta nada. Pero o que si temos claro é que ten que haber esa planificación técnica e unha coordinación entre o Concello e a empresa encargada de facer a obra e así seguramente que todo vai saír perfectamente para que esta residencia hospital asilo se poña en funcionamento canto antes”.
Dani Vega visitou a residencia hospital asilo xunto á concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, ao traballador social, José Luis Gengunde, aos técnicos municipais Carlos Longarela e Luis Menéndez, e aos responsables da empresa que está a realizar a obra, Construcciones Naray.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



