Viveiro, 15 de abril de 2024. O Concello de Viveiro pon en marcha, un ano máis, o servizo gratuíto para o control da poboación urbana da gaivota patiamarela e a pomba común para a campaña de nidificación deste ano. Viveiro foi un dos concellos pioneiros en prestar este servizo, que inicia en 2024 a súa cuarta campaña no municipio.
O obxectivo xeral que persegue este servizo é mellorar a calidade de vida da veciñanza de Viveiro, realizando unha correcta xestión da poboación destas aves para previr e evitar o crecemento desmesurado da mesma, provocando posibles pragas e problemas de salubridade pública, á vez que se asegura o benestar desta especie.
“Este servizo redunda no beneficio tanto da cidadanía como dos animais, garantindo o seu coidado. Esta cuarta campaña iníciase tras os éxitos das edicións anteriores, que avalan a satisfacción dos veciños coa iniciativa”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Na campaña de 2023, revisáronse 284 tellados e retiráronse os 210 niños localizados, 353 ovos e 42 polos.
O servizo busca a redución e desprazamento da poboación de gaivotas que colonizou o medio urbano, facendo uso do mesmo para alimentarse dos refugallos xerados e colonizando os tellados para situar as súas zonas de cría.
Esta situación xera unha serie de problemas para a cidadanía, como ruídos, malos cheiros, danos nos tellados e mesmo ataques ao ser humano. Así mesmo, preténdese reducir a presencia da pomba común no concello de Viveiro, cunha poboacion estimada o comezo do servizo de 250 exemplares, durante o prazo de duración do servizo (2021-24).
Este servizo consistirá na instalación de xaulas de captura en distintos puntos para a retirada directa de exemplares adultos, para o que se precisa da colaboración veciñal para a instalacion temporal das mesmas.
A partir do mes de maio comezarase coa retirada de niños de gaivota, finalizando o control dos tellados con problemas no mes de agosto, realizando un mínimo de dúas visitas a cada tellado afectado, para impedir o nacemento das postas.
As intervencións consistirán na visita á propiedade afectada por dous técnicos que procederán a realizar unha revisión ocular do tellado afectado e á retirada dos niños atopados e do seu contido (ovos, pitos). Posteriormente, realizarase o mesmo proceso cun mes de diferenza entre visitas.
Dende o Concello de Viveiro, pídese a máximo colaboración tanto da veciñanza afectada como de quen detecte algún problema dos referidos. Os resultados do servizo dependerán en gran medida da colaboración da cidadanía, favorecendo a mellora da calidade de vida no municipio e xestionando adecuadamente estas especies ca realización dun servizo de control poboacional basado no benestar animal.
As persoas que así o desexen poderán solicitar o servizo a través dos seguintes teléfonos de contacto:
-Concello de Viveiro: 982562968
-Larus Control (empresa concesionaria): 689 838 359 ou laruscontrol@hotmail.com






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



