Ribadeo, 17 de abril, 2024. En xaneiro comezou a organización deste enriquecedor proxecto: vestiario, decorados, agasallos, cancións… Todo creacións artesanais, un traballo conxunto do alumnado do CIFP Porta da Auga cas persoas usuarias do CAPM A Concordia de Ribadeo.
Co paso das xornadas configurouse un verdadeiro equipo. E hoxe, por fin, o teatro, os aplausos, as cancións e os bailes encheron o CAPM de Ribadeo.
Á divertida estrea asistiron algunhas das familias do programa “Educando en Familia”.
Quedan por diante outras catro sesións, os días 19, 23, 25 e 30 de abril; nelas participarán a Escola Infantil Tangram, o Colexio Sagrado Corazón de Jesús, o CEIP Gregorio Sanz, a Escola Infantil Sta María do Campo e o Centro de Ocio Infantil Con Sentidiño
Esta actividade interxeracional está organizada polo CIFP Porta de Auga, o Centro de Día “A Concordia ” e o Concello de Ribadeo. Con ela búscase o acercamento entre crianzas e persoas maiores, así como espertar o interese pola lectura tendo en conta que Abril é o mes dos libros. ( o día 2 é o Día do Libro Infantil e o 23 a celebración do Día do Libro).
Elexiuse o conto “Por catro esquiniñas de nada” de Jerôme Ruiliier, por ser un relato de amizade, diversidade e inclusión.
Entre contos e cantos dímoslle a importancia que merecen as comunidades inclusivas: entre todas e todos podemos conseguir que as portas sexan accesibles para todas as persoas. Precisamos un mundo no que podamos xogar, divertirnos, aprender e desfrutar independentemente das nosas características.
200 persoas grandes e pequenas interactuúan nesta actividade cos libros, a Lingua a Diversidade e a cooperación como elementos centrais.
Ao remate, as familias asistentes, foron agasalladas cunha versión en fieltro do conto, entregado pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo e por un móbil onde penduran todas as personaxes, entregado por unha das persoas usuarias, que lles trasladou todo o agarimo colectivo co que se preparara.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



