A rexedora, Marta Rouco, conseguiu a colaboración da Deputación de Lugo para facer fronte a un gasto ao que a Concellería de Cultura decidiu non adicar fondos nos orzamentos do 2024
Vilalba, 20 de abril de 2024. O Concello de Vilalba poderá aportar a axuda económica ás festas patronais das parroquias vilalbesas tal e como se viña facendo en anos pasados grazas a unha colaboración lograda pola alcaldía coa Deputación Provincial de Lugo.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, que se comprometera persoalmente a solucionar unha necesidade altamente demandada pola veciñanza, reuniuse en días pasados co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, para expoñerlle a necesidade de colaboración do ente provincial co Concello de Vilalba para que este puidera facer fronte ao gasto que supoñen as axudas nominativas ás comisións de festas das parroquias do municipio.
Así, despois de lograr o compromiso do presidente da Deputación, a Xunta de Goberno provincial aprobou esta mesma mañá a necesidade de colaboración entre ámbalas dúas institucións, de tal xeito que as comisións de festas vilalbesas recibirán, tal e como viña acontecendo en anos anteriores, as subvencións nominativas do Concello para facer fronte aos gastos dos festexos patronais.
“É algo que me comprometín persoalmente a solucionar cando se presentaron os orzamentos deste 2024 e a Concellería de Cultura decidiu non adicar ningún fondo á partida correspondente ás subvencións nominativas das festas patronais” explicou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, quen asegurou que se trata de “axudas moi importantes que sempre se deron e que mentres eu estea na alcaldía traballarei para que se sigan concedendo, porque manter vivas as nosas tradicións e as festas patronais das nosas parroquias é fundamental para dinamizar o noso concello”.
Deste xeito, unha vez asinado o convenio entre as partes, o Concello de Vilalba convocará aos representantes das comisións de festas das diversas parroquias vilalbesas para que estes procedan a asinar o seu acordo de colaboración co Concello.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



