Foz, 18 de maio de 2024. O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o contrato de concesión do servizo de residencia e centro de día por 9,3 millóns de euros. O contrato comprende cinco anos con posibilidade de dúas prórrogas de un ano cada unha.
A licitación saíu polo procedemento aberto de contratación e foi adxudicada a CK SENIOR GESTIÓN SL, que ofertou unha baixa do 2 por cento respecto aos prezos marcados no estudo de viabilidade económica. Así o prezo das prazas será de 2.012,92 euros para un residente con grado II ou III de dependencia e de 1.630,72 euros para un residente válido ou con grado I de dependencia. O novo concesionario asumirá previsiblemente a xestión o día 1 de xullo.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece o traballo dos técnicos municipais e das empresas que posibilitaron resolver un contrato destas características. “Esta licitación non era a nosa primeira opción. Como goberno queríamos que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar -Xunta de Galicia- asumise a xestión da residencia, edificio da súa propiedade que ademais correspóndelle como competencia. Non foi posible por unha pinza do Partido Popular, unha chantaxe que nos obrigaba a botar fóra aos usuarios e aos traballadores da residencia. A falta de responsabilidade provocou un aumento de prezos aos residentes, esa é a realidade”, explica o rexedor municipal.
O alcalde quere mandar unha mensaxe positiva e de tranquilidade: “o Concello de Foz é garante do benestar dos usuarios. Aqueles residentes que teñan pensións inferiores aos prezos resultantes da adxudicación e que non dispoñan de patrimonio para afrontar os custes poderán recibir unha axuda de emerxencia social deste Concello. Non imos deixar a ninguén fóra, é o noso compromiso”. Un compromiso que agarda que teña o seu reflexo na Xunta de Galicia: “o novo convenio co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar foi asinado o 19 de xaneiro do ano 2023. Nel a Xunta de Galicia comprométese a transmitirlle ao Concello de Foz a titularidade do edificio da residencia, pero despois de case ano e medio non temos ningunha noticia. Tampouco dunha achega que o xerente do Consorcio comprometeu diante de membros de todos os partidos da corporación municipal para arranxar deficiencias da construción do edificio. Precisamos máis prazas, necesitamos que se asuman competencias. Non queremos ser máis, pero tampouco menos que ninguén e imos esixir que cadaquén cumpra as súas obrigas e compromisos”.
Fran Cajoto anuncia que nos vindeiros días solicitará unha reunión coa Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, para reclamar o cumprimento do convenio asinado polo Consorcio e para tratar outros temas de interese do Concello de Foz.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



