A eurodeputada do Bloque visitou unha explotación agrogandeira “exemplo de prácticas sostibles”
Pol, 14 de maio de 2024. A eurodeputada do BNG e candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda, defendeu que a PAC ten que ter en conta as peculiaridades do agro galego e para iso é fundamental que o Bloque teña representación nas institucións europeas. “O BNG ten que estar en Bruxelas para que unha gandeira galega teña as mesmas axudas que un gandeiro do resto de Europa, por exemplo, francés, algo que non sucede a día de hoxe”, destacou Miranda na visita que realizou a unha explotación agrogandeira no concello lucense de Pol, onde mantivo un encontro con gandeiros da zona.
“O BNG no Parlamento Europeo reclama e reclamará se temos o apoio dos galegos e galegas que a PAC sea xusta, sustentable e que apoie as explotacións agrogandeiras con prácticas sostibles como as que vimos hoxe no Concello de Pol”, asegurou a eurodeputada galega, ao tempo que salientou que estas explotacións fixan poboación no rural, precisamente unha das necesidades do rural galego.
Ana Miranda criticou que “non se estean apoiando estas gandeiras e estes gandeiros galegos que queren facer outro tipo de prácticas sostibles, que son por onde vai o futuro e que queren vivir na súa terra”, salientou. O agro galego precisa ter voz directa en Europa, igual que o resto dos sectores produtivos estratéxicos galegos, e para iso é fundamental que o Bloque acade representación en Europa. Neste sentido, Ana Miranda explicou que a PAC debe actuar como mecanismo de apoio directo ás rendas dos agricultores e agricultoras galegas e que sosteña o noso modelo de agricultura.
Máis investigación
Na visita á explotación, na que tamén participou a candidata número 4 da lista do BNG ás europeas, Mar Pérez Fra,- as propietarias e propietarios das explotacións trasladaron á eurodeputada do BNG diversas consideracións. Así, demandan máis investigación para doenzas e menos burocracia no trámite das axudas. “O BNG leva denunciando en multitude de ocasións que non hai unha boa aplicación da Política Agraria Común, xa que non é normal que non haxa pastos suficientes para producir”, sinalou.
Ana Miranda lembrou que o BNG ten trasladado á Comisión Europea as demandas do sector, en concreto a través de preguntas parlamentares nas que se fai referencia á necesidade de simplificar as cargas administrativas como o novo caderno dixital; a adaptación da metodoloxía dos ecoesquemas e do catálogo de ecorréximes a nosa realidade; así como a flexibilización da condicionalidade e a aplicación das cláusulas espello como principio de reciprocidade nos acordos comerciais internacionais.






















Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
Reyco Burela FS convoca a todos os socios e socias á Asemblea Extraordinaria que se celebrará o martes 28 de abril no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca) nunha primeira convocatoria prevista para as 20.00 h. e segunda para as 20.30 h. O acceso será única e exclusivamente para socios e socias, que deberán asistir á xuntanza co carné de socio/a e o DNI. Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta anterior. 2. Situación económica xeral. 3. Procedementos xudiciais contra o club. 4. Accións adoptadas para a continuidade do club. 5. Rogos e preguntas
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



