Ribadeo, 22 de maio de 2024. Hoxe, mércores, foi asinado un convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Ribadeo para financiar obras no Centro de Día A Concordia. O investimento ascende a 50.000 euros e irá destinado a mellorar a accesibilidade e o equipamento, á eliminación de humidades e a traballos de pintado.
Asinaron este convenio o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Dani Vega, acompañados polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra; e o traballador social municipal, José Luis Gegunde.
Perfecto Rodríguez comentou: “xa o ano pasado fixemos unha primeira intervención para mellorar toda a carpintería exterior deste edificio tan singular que acolle este centro de día. E agora vamos seguir facendo reformas para que pouco a pouco siga tendo unhas condicións ideais para a atención aos nosos maiores. Neste caso imos mellorar o espazo exterior, para que haxa unha zona de recreo para os maiores ben accesible. Ao mesmo tempo faranse intervencións no interior e reposición de mobiliario. E a maiores imos contratar unha climatización da galería do centro de día para esa zona que é tan bonita, cunhas vistas espectaculares, e que en moitos momentos do verán os maiores ata o de agora non a podían usar en condicións idóneas porque os días de calor era complicado, pero agora con esta climatización cremos que esa zona do centro vai ser dun uso ideal para os maiores. En total entre o convenio e esta intervención imos investir 65.000 euros, que vai executar na súa maior parte a través deste convenio o propio Concello, como titular do inmoble”.
O xerente do Consorcio destacou “a preocupación que o Concello de Ribadeo, a través o seu alcalde desde a súa chegada, está tendo para que este centro teña mellores condicións. Así mo trasladou desde a súa toma de posesión e desde ese momento a través de convenios levamos facendo investimentos no centro, que esperamos que no futuro sigan incrementando o benestar dos maiores que asisten a el”.
O alcalde, que agradeceu o traballo realizado pola Área Benestar Social e pol@s traballadores do Centro de Día A Concordia, manifestou que “o Concello de Ribadeo desde hai un ano abriu as portas ao investimento. Nosoutros non queremos enfrontamento de ningún tipo senón a colaboración de todas as administracións; e a Xunta de Galicia así o entendeu e está colaborando con cada unha das propostas que traslada o Concello de Ribadeo, despois dunha planificación e unha xestión para ese investimento porque hai unha demanda ou unha carencia ou houbo un abandono durante moito tempo. O centro de día traballaba coa Xunta de Galicia pero non había esa preocupación local por ter unhas instalacións acondicionadas. Investimos 16.700 euros nos peches do centro de día e agora imos investir 50.000 euros en accesibilidade e en equipamento. Eu creo que é moi importante destacar iso porque estamos traballando no que nos pediron os traballadores do centro para ter unhas instalacións acordes”.
Dani Vega engadiu: “vamos seguir traballando, xestionando, utilizando cada vez menos os recursos municipais e destinándoos para asuntos fundamentais, e usando cada vez máis recursos doutras administracións. Menos fondos propios e máis doutras administracións, que é o importante. Esa capacidade de xestión e que eses investimentos veñan para Ribadeo”.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



