A inscrición no mesmo deberá ser realizada antes do día 15 de maio, e o campamento terá lugar do 27 ao 30 de xuño
Burela, 8 de maio de 2024. O Concello de Burela acollerá, entre os días 27 e 30 de xuño, o 2° Campamento Musical ASUEMBU 2034. Este campamento está orientado ás especialidades de corda fretada, piano e vento.
A asociación de usuarios da Escola de Música local ASUEMBU organiza por segunda vez esta iniciativa, que culminará nun Gran Concerto Final na Casa da Cultura, coa colaboración do Concello. Está dirixida a maiores de 8 anos.
“Dende a área de Educación do Concello de Burela estamos encantados de colaborar con iniciativas deste tipo, sobre todo despois do éxito do pasado ano, que fai que se espere unha gran participacion para este ano” sinala o concelleiro Mario Pillado.
“Os rapaces e rapazas, pequenos grandes músicos, desfrutarán das ensinanzas dos docentes, así como tamén dos concertos e das actividades organizadas dentro do propio campamento” afirma o edil. “Queremos agradecer a ASUEMBU a súa labor e traballo neste eido”, engade.
As prazas son limitadas, e a inscrición deberá realizarse antes do 15 de maio. Terá un prezo de 150€, de 75€ no caso dos socios, e no caso de varios irmáns ou irmás, o prezo será de 110€ para a primeira inscrición e 75€ para a segunda.
A presentación do campamento será o día 27 de xuño ás 15:00 no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. O 29 de xuño terá lugar un Concerto de Cámara ás 19:30 na Casa da Cultura.
O Gran Concerto Final será ás 18:00 do 30 de xuño, domingo, tamén na Casa da Cultura. Para máis información sobre o campamento pódese contactar co número 644894714.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



