Na historia das eleccións ao Parlamento Europeo (PE) por sufraxio universal, dende 1987, obsérvanse dúas tendencias practicamente comúns na Europa toda: unha participación substancialmente inferior á media das eleccións estatais, territoriais e locais e máis un uso do voto por parte de millóns como castigo de gobernos, ensaio de alternativas e mesmo lúdico, apostando en casos abondo por candidaturas freakies ou, cando menos, exóticas.
Estas tendencias teñen a ver cunha intuición da cidadanía europea bastante aquelada. Porque na Europa toda percíbese, si, o carácter fulcral das decisións que se adoptan en Bruxelas, Estrasburgo ou Luxemburgo. Mais esa mesma cidadanía intúe tamén o limitado efecto do seu voto na gobernanza europea. Adoitamos ver como uns poucos votos dan ou quitan maiorías no noso concello ou país e como ducias de milleiros deciden circunscricións chave nas eleccións federais ou estatais. Pola contra, o noso voto dilúese nunha elección de 720 deputados dos que Galicia só pode decidir ou mesmo influir limitadamente en tres ou catro dos mesmos.
Para máis, mentres que os Parlamentos galego ou estatal son titulares do poder lexislativo o PE partilla este poder na Unión Europea (EU) co Consello Europeo, integrado polos Xefes de Estado ou de Goberno dos 27 Estados Membros (EM). Tamén partilla co Consello Europeo a decisión de nomear á Comisión Europea, que dirixe a administración europea e xestiona os intereses comúns. Velaí que, por mor deste défícit democrático, a cidadania poida intuir lexítimamente que inflúen tanto ou máis na gobernanza europea as eleccións estatais. Asemade, a política monetaria está furtada na EU da decisión democrática e cedida a un Banco Central Europeo que non resposta diante do PE e atende substancialmente á estabilidade de prezos no canto que ao pleno emprego, desenvolvemento económico ou integración social.
Porén, o PE foi gañando capacidade de axenda e poder de codecisión nos últimos anos. Xa que logo, a elección do vindeiro 9-X ofrécenos unha moi interesante xanela de oportunidade para que os intereses galegos estean representados aqueladamente no PE. Porque Galicia é un país de 2,7 millóns de habitantes sen Estado de noso, cando sete EM da EU contan con menos poboación ca nós (Eslovenia, Lituania, Letonia,. Estonia, Chipre, Malta e Luxemburgo), elixen Comisarios na Comisión Europea e partillan directamente no Consello Europeo.. Mais sucede que o PE codecide as grandes políticas que determinan o marco onde se desenvolven os nosos sectores primarios, o complexo mar-industria, a produción e distribución da enerxía, a política xeral de investigación e desenvolvemento ou a regulación da produción industrial e da competencia. E para Galicia son fulcrais actividades económicas como a pesca, o marisqueo e acuicultura, a conserva de produtos do mar ou a construción naval que para o conxunto do Estado español e a EU son prescíndíbeis. Ao tempo Galicia precisa dunha reorientación da política agraria común (PAC) que prime a calidade dos produtos e o coidado do rural no canto de primar a propiedade latifundista e o abandono das explotacións.
Ao longo dos quince anos nos que desenvolveu os seus mandatos, quer como eurodeputada, quer como responsábel da oficina do BNG no PE, Ana Miranda dou fe da existencia de Galicia como país e da singularidade dos nosos intereses. Acadar un novo mandato de Miranda como eurodeputada sen dúbida vai alén dos intereses do soberanismo galego para se converter nun bo investimento para o conxunto da sociedade galega e para a defensa dos intereses xerais de Galicia.


















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



