“Entendemos que o prometido é débeda e, polo tanto, consideramos que é o momento perfecto para sacar esa promoción con fondos do Estado e da propia Sareb” finaliza Jorge Castiñeira
Foz, 15 de maio de 2024. O Partido Popular de Foz pídelle ao alcalde, o señor Cajoto, que lle reclame ao Presidente do Goberno a vivenda pública que prometeu en solares da Sareb como o de Vialmar en Foz, situado diante da Casa da Cultura. Hai que lembrar que o Presidente do Goberno e o PSOE compremeteron, no seu día, máis de 180.000 vivendas en solares desta índole.
“A Sareb forma parte do Estado polo que cremos que o alcalde de Foz debe iniciar as xestións e negociar coa propia Sareb e co Ministerio de Vivenda para que se fagan neste terreno as vivendas sociais e de protección oficial que prometeu Pedro Sánchez”, opina o voceiro do PP de Foz, Javier Jorge Castiñeira.
O Partido Popular, no seu día, fixo unha boa xestión que foi transformar a ordenación desa parcela, que ía nunha mazá pechada, e facer unha praza na esquina que suavizaría a ordenación desa zona.
“Pedímoslle ao Señor Cajoto que se poña mans á obra, que se poña a traballar. Entendemos que o prometido é débeda e, polo tanto, consideramos que é o momento perfecto para sacar esa promoción con fondos do Estado e coa colaboración da propia Sareb”, finaliza Jorge Castiñeira





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



