“Pedimos ao señor Cajoto menos anuncios e propaganda e máis resultados e eficiencia na xestión das obras”, remata o voceiro do PP de Foz
Foz, 29 de maio de 2024. O Partido Popular de Foz, ao igual que os veciños, tembla ao escoitar ao señor Cajoto falar de mobilidade. “Dicimos isto porque oímos ao alcalde que se vai a iniciar unha obra máis no centro urbano cando os traballos máis importantes que se están a realizar neste momento, no barrio das Casas Baratas, están paralizados”, indica o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira.
O PP revisou o expediente da obra do barrio das Casas Baratas e é un auténtico despropósito. “Estamos moi preocupados porque só están executados dous tercios, o 64% do proxecto, e o resto está no aire. O que di tamén a documentación é que hai varias irregularidades que se traduciron en reparos de Intervención, entre eles ao propia contratación do proxecto que, segundo a Interventora, non seguiu o proceso legal establecido e, polo tanto, o que mal empeza, mal acaba”, lamenta Jorge Castiñeira.
Polo tanto, desde o Partido Popular de Foz reclaman ao señor alcalde que dea solucións canto antes á situación no barrio das Casas Baratas, que resolva os problemas que ten coa empresa e que está obra se remate antes de que comece o verán e recordan que se está moi por enriba do prazo estimado inicialmente para realizar este proxecto.
“Pedimos ao señor Cajoto menos anuncios e propaganda e máis resultados e eficiencia na xestión das obras”, remata o voceiro do PP de Foz.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.



