José Tomé dará a coñecer na Catedral de Lugo ás 18:00 horas nun acto aberto ao público esta nova publicación que completa o proxecto editorial que a Deputación iniciou no 2021 con libros sobre este tipo de arte no conxunto da provincia. As persoas que asistan recibirán de xeito gratuíto un exemplar
Lugo, 8 de maio de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentará este xoves pola tarde na Catedral de Lugo a nova guía do románico que editou a institución provincial para difundir e para poñer en valor este tipo de patrimonio de Lugo, A Terra Chá e A Mariña. Esta presentación faise con motivo do Día da Transrománica, que se conmemora este 9 de maio, coincidindo co Día de Europa.
O acto será ás 18:00 e estará aberto ao público. As persoas asistentes recibirán un exemplar desta publicación coa que a Deputación de Lugo completa o proxecto editorial que iniciou no ano 2021 cunha guía sobre o patrimonio románico da Ribeira Sacra, e que continuou con volumes sobre A Ulloa, e Os Ancares, O Courel e Sarria.
Con motivo desta celebración do Día da Transrománica a Deputación programa para estes días rutas pola provincia que se poden reservar na web http://inscricions.deputacionlugo.org ata completar o aforo. Mañá haberá en Lugo; o sábado en Monforte, Portomarín, Paradela, Sarria e O Saviñao; e o domingo en Lugo, Guntín, Meira, Pantón e Sober.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



