A subdelegada fixo un reparto de 200 chalecos reflectantes de alta visibilidade acompañada do xefe provincial de Tráfico, Alberto Rodríguez, e a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco
Vilalba, 10 de maio de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, levou esta mañá ao concello de Vilalba a campaña da Dirección Xeral de Tráfico de sensibilización sobre usuarios vulnerables nas estradas convencionais. Xunto coa alcaldesa, Marta Rouco, e o xefe provincial de Tráfico, Alberto González, así como edís do goberno local e membros do subsector de Tráfico da Garda Civil, realizaron un reparto de 200 chalecos reflectantes de alta visibilidade entre os veciños e veciñas do municipio.
Isabel Rodríguez lembrou a necesidade de “tomar medidas de autoprotección para ver e ser vistos, un reclamo co que conseguimos pechar o ano 2023 sen contabilizar nin un atropelo mortal, malia que nesta anualidade xa se produciu un, o que evidencia que debemos seguir insistindo e concienciando sobre seguridade viaria”.
No que atinxe á campaña, por unha banda persegue o obxectivo de concienciar a peóns, ciclistas e motoristas sobre a súa propia posición vulnerable, lembrándolles a necesidade de facerse visibles con elementos e pezas reflectantes, usar os sistemas de protección específicos como o casco así como a indumentaria axeitada para circular con bicicletas e motocicletas ou de cumprir e respectar as normas que lles afectan especificamente. Pola outra, búscase sensibilizar aos condutores sobre a elevada exposición ao risco destes usuarios e a necesidade de manter o nivel de alerta constante perante a súa presenza na vía.
Segundo a subdelegada, “debemos lembrar a estes condutores a necesidade de reducir ou moderar a súa velocidade ao toparse con usuarios vulnerables na estrada, extremar a precaución nos cruces e xiros, mirar polos espellos retrovisores con frecuencia, usar as sinais intermitentes de sinalización e respectar a distancia lateral dun metro e medio para adiantar a un ciclista ou peón que tamén estea usando a calzada”.
Esta iniciativa segue as liñas marcadas pola Estratexia de Seguridade Viaria 2021-2030 e polo Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025, que en ambos casos fixan como obxectivo específico a protección deste colectivo.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



