A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación, terá lugar o sábado 25 de maio. En xornada de mañá está previsto visitar o Val das Mouras, o Castro da Torre e a aldea de Seceda. Tras unha pausa para xantar en Folgoso, o grupo acercarase a ver Montefurado e o pregamento xeolóxico de Campodola, antes de voltar para á Mariña. Durante toda a xornada, o arqueólogo Iván Ávarez Merayo fará de guía nesta visita ao patrimonio do Courel. As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden contactar con Mariña Patrimonio a través do seu correo mr.patrimonio@gmail.com para obter a información necesaria sobre as condicións e o custe da actividade.
Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio
Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio
Relacionado
-
O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, asistiron este domingo na cidade episcopal á ofrenda á Virxe dos Remedios, patroa da diocese Mondoñedo-Ferrol
-
Unhas 200 persoas acudiron á concentración convocada pola Plataforma Sanitaria da Mariña e o Concello de Trabada para demandar a cobertura de xeito estable da totalidade de médicos
-
O novo miradoiro sobre a ría recibiu este sábado o nome de Loctudy, cidade francesa irmandada con Ribadeo