Viveiro, 31 de maio, 2024. A pesar das dificultades económicas, “o BNG está a traballar dende o primeiro día para sacar adiante proxectos que beneficien a Viveiro. As obras de mantemento con auga a presión no paseo fluvial están a piques de comezar e o contrato da luz está en proceso, o cal suporá un aforro significativo. Estamos tamén a traballar en estudos importantes como os de Accesibilidade e Mobilidade. Ademais, están en marcha obras de ampliación e mellora do saneamento en Vieiro e Celeiro, e prevista a reparación do abastecemento de Magazos a Xunqueira con novas beirarúas. Tamén neste mes de xuño irán para aprobación as ordenanzas de acceso a praias e da saca de madeira”.
“Temos proxectos para o futuro como a adquisición dun novo tractor de desbroces e a renovación do parque infantil da Atalaia. O novo procedemento para a xestión de biomasa está operativo, e o servizo de praias ampliouse nun mes. Próximamente, licitaranse as obras do parque Pernas Peón, que contribuirán á mellora da accesibilidade e da flora deste espazo ademais dos camiños que xa foron renovados, tamén están en proceso de licitación as obras de mellora do punto limpo, a licitación dos postos da praza de abastos e a renovación do edifcio, entre outras moitas actuacións importantes”.
“Como podemos observar, o actual goberno bipartito conformado entre o BNG e o PSOE no que se estableceu un reparto de áreas, como é habitual en calquer acordo de goberno, está traballando con total normalidade, cunha coordinación clara e efectiva para o beneficio de todos os veciños e veciñas de Viveiro”.
“A pesar de que nós non asinamos ningún acordo formal con Por Viveiro, o BNG está a traballar activamente na consecución dos 15 puntos establecidos nese acordo, pois consideramos que son beneficiosos. Aínda que hai que ter en conta que levamos uns meses e ese acordo era a dous anos”.
“Desde o BNG sempre estivemos en conversas con PSOE e POR VIVEIRO para chegar a un consenso sobre os Orzamentos de 2024. Dado que a elaboración dun orzamento non é algo doado e precisa dos debidos estudos e cálculos para cadrar contas, desde o BNG fomos falando con ambas forzas PSOE e POR VIVEIRO antes, durante e unha vez finalizada a elaboración do Orzamentos continuando a día de hoxe”.
“Desde o BNG apelamos á responsabilidade da oposición pois é crucial para o concello contar con este Orzamento, xa que a situación económica actual podería comprometer cuestións de vital importancia, como o proceso de estabilización que permitirá reforzar áreas esenciais como a de obras, intervención ou contratación e incluso á tramitación de contratos de subministros e servizos para o normal funcionamento do Concello”.
“Por último, queremos expresar a nosa preocupación por un Partido Popular que promove a desinformación cun comportamento inmaduro e de confrontación, co cal impiden o debate político e prosperación de acordos. Tampouco no pleno de aprobación dos Orzamentos foron quenes, apesares de seren preguntados, de mencionar un só apartado cos que estiveran en desacordo dos Orzamentos Municipais, e aínda así, decidiron votar en contra”.
“Dende o BNG, facemos un chamamento ao Partido Popular para que reflexione sobre as súas tácticas desleais á cidadanía e adopte unha actitude máis construtiva e responsable. Instamos á oposición a desbloquear esta situación e a colaborar na resolución dos retos que temos diante”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



