Viveiro, 31 de maio de 2024. A tenenta de alcaldesa do Concello de Viveiro e responsable da área de medio ambiente, Míriam Bermúdez, informa do comezo do servizo de praias, que por primeira vez será do 1 de xuño ao 30 de setembro.
“Ampliamos este ano un mes o servizo de praias, que inclúe a apertura dos aseos, a limpeza diaria dos areais, o desbroce do paseo marítimo en Area e Covas, os cribados e a colocación das pasarelas de acceso ás praias”, explica Míriam Bermúdez.
Viveiro espera un verán de alta ocupación e o concello quere dar o mellor servizo tanto á veciñanza como aos turistas.
“Ademais, poñemos en marcha novas medidas para protexer as dunas da praia de Area, cumprindo cos criterios requeridos para a bandeira azul e a Q de Calidade”, engade a tenenta de alcaldesa.
Entre as actuacións de protección, está a retirada de tres duchas que están na duna reubicando unha no paseo e, por outra parte, este verán non se vai facer nada para cambiar o transcurso do río, ao estar prohibido por Medio Ambiente. Por outra parte, os colectores de lixo estarán nos accesos ao areal.
“Para protexer a duna de Area, desde o concello solicitamos unha subvención para a retirada de especies invasoras, substituíndoas por especies autóctonas”, afirma Míriam Bermúdez. Ademais, estase valorando coa Demarcación de Costas o estudo dun proxecto para a duna da praia de Covas, cunha actuación que permitirá retirar tamén as invasoras.
Está pendiente a contratación de persoal socorrista para o verán, xa que o concello está á espera da convocatoria anual da Xunta para a contratación deste tipo de persoal, que a día de hoxe aínda non está publicada.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



