A Mariña, 14 de maio de 2024. Os días 17, 18 e 25 de maio seguen as actividades de xeoturismo organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña. Será coa xeoruta das Minas, na Pontenova, a xeoruta ao Monumento Natural da Praia das Catedrais, en Ribadeo e a xeoruta de Cerrochán, en Trabada.
A xeoruta da Pontenova partirá da Praza dos Fornos ás 10 da mañá este venres, 17 de maio. Os asistentes poderán coñecer os materiais de idade paleozoica que compoñen sinclinal de Vilaoudriz e a orixe do ferro que se explotou nas minas Consuelo e Boulloso desde concello. Esta ruta será conducida por Fran Canosa.
A xeoruta da praia das Catedrais dará comezo ás 17 da tarde deste sábado, 18 de maio, no punto de información do areal. Os participantes coñecerán a orixe dos materiais que forman estes acantilados e de que xeito foron deformados e fracturados para que a forza do mar creara formas tan singulares. O encargado de guiar esta visita será Iván Rodríguez Lombardero.
A xeoruta do Cerrochán, na parroquia de Vilapena, iniciarase ás 10 horas e levará aos participantes ata o Alto de Cerrochán, en Trabada. A visita permitiralles coñecer e entender tanto aspectos xeolóxicos coma da paisaxe do lugar e desfrutar dunhas impresionantes vistas dende o cumio. A actividade estará guiada por Iván Rodríguez Lombardero.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, indicou que “dentro deste programa de actividades de xeoturismo estaba contemplado programar unha segunda vez as distintas xeorutas que se foron desenvolvendo desde finais de decembro do pasado ano. Deste xeito, aquelas persoas que non puideron desfrutar delas nas anteriores convocatorias teñen unha nova oportunidade”.
As persoas interesadas en obter máis información ou para inscribirse nestas actividades poden facelo a través de https://amarinalucense.gal/es/geoturismo
O programa de Xeoturismo enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



