O Alcalde denuncia que levan semanas sufrindo esta situación, que “as citas xa acumulan un retraso dun mes ou máis, tamén no caso das receitas, e os pacientes crónicos non se poden estar desprazando ata o PAC de Meira cada pouco”
A Pontenova, 2 de maio de 2024. O PSdeG da Pontenova úrxelle á Xunta de Galicia que dote de persoal suficiente ao centro de saúde do municipio, no que leva semanas atendendo un só médico tras a baixa doutro profesional. Denuncian os socialistas que a situación é “insostible” porque o concello conta con máis de 2.000 veciños e veciñas e as citas acumulan xa un mes de retraso.
O Alcalde da Pontenova, Darío Campos, explica que levan semanas sufrindo esta situación, que “as citas xa acumulan un retraso dun mes ou máis, tamén no caso das receitas, e os pacientes crónicos non se poden estar desprazando ata o PAC de Meira cada pouco”. O Punto de Atención Continuada do municipio meirego queda a máis de 20 quilómetros e “hai moita xente maior no noso concello, e enfermos, que non teñen a posibilidade de coller o coche”.
“Baleirar o rural de servizos públicos é condenalo á súa desaparición”, lamenta o Alcalde socialista, que denuncia que a discriminación que fai a Xunta de Galicia de forma recorrente cos concellos máis pequenos “é intolerable e máis nun caso coma este, porque están a xogar coa vida das persoas”.
Denuncia Campos que o ambulatorio da Pontenova, para o que había tres prazas de médico asignadas, leva un tempo con problemas de falta de persoal. “Xa llo trasladamos en repetidas ocasións ao xerente da área sanitaria e estamos estudiando xa tomar outro tipo de medidas”, asegura o Alcalde, que anuncia que chegarán “onde faga falta” para defender os intereses da veciñanza.





















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



