Foz, 7 de maio de 2024. O Concello de Foz presenta a súa programación cultural para os meses de primavera, que inclúe actividades musicais e teatrais.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “despois dun abril cargado de libros e letras, maio comeza con música cos combos da Escola de Música Arcadio Mon, que serán todos os venres deste mes ás 18.00 horas ao lado da escola, no paseo da Ribeira (en caso de mal tempo serán no CENIMA). Polo medio temos actividades coma a deste próximo venres, na biblioteca municipal, “lettering: debuxar letras”, para a que é necesario anotarse no teléfono 982.140.675, “unha actividade moi bonita para todos aqueles nen@s aos que lles guste facer caligrafías bonitas”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen engade: “a continuación será a poetisa local Natalia Alonso a que nos dea Advertencias para un traxecto boreal, nunha actividade que realizamos en colaboración coa UNED”.
“As letras galegas celebrámolas cos coles de Foz e o martes 14 temos sesións de teatro escolar na Casa da Cultura coa representación A nena do violino e a poesía. E tamén como inicio ao III Certame de Teatro Afeccionado os días 25 e 26 de maio teremos unha masterclass de iniciación ao teatro co xenial Avelino González”, engade a concelleira de Cultura.
Inés López explica ademais que “a ESMU tamén chega aos coles e os días 27, 28 e 29 haberá sesións didácticas para os centros de Foz e unha colaboración co Concello de Barreiros. E xuño será un mes de teatro, xa que, os días 6, 7, 8, 14, 15 e 16 na Casa da Cultura celebraremos o Certame de Teatro Afeccionado Jose Luis López Lorenzo O Poto, coa entrega de premios o venres 28 de xuño”.
A edil de Cultura comenta que “todas estas actividades e outras moitas nas que o Concello colabora con asociacións da vila conforman unha primavera chea de música, letras, teatro e sobre todo Cultura, moita Cultura”.
E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca “o traballo cultural conxunto do Concello e moitas asociacións, que crean eventos, unhas actividades que fan pobo e das que disfrutan veciñ@s e visitantes”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



