As candidaturas poden presentarse a través da sede electrónica dende este mércores, 5 de xuño, ata o 5 de xullo. Os recoñecementos entregaranse nun acto público o día 27 de setembro, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Turismo
Lugo, 4 de xuño de 2024. A Deputación de Lugo publica este martes, 4 de xuño, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) a convocatoria e as bases da quinta edición dos premios á excelencia do turismo da provincia nas diferentes categorías: Lugo Cambia ao Turismo Lucense, Turismo Sostible e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense. Desta forma, as candidaturas poderán presentarse dende mañá, mércores, no prazo dun mes, ata o día 5 de xullo, na sede electrónica da institución.
Poden presentarse persoas físicas ou xurídicas, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha das tres modalidades e que teñan repercusión positiva no turismo ou na gastronomía a nivel provincial ou nunha zona específica. As candidaturas poderán formularse a título individual ou por unha terceira persoa co consentimento expreso do candidato ou candidata no apartado “Trámites xerais” da sede electrónica.
Os galardóns, que serán entregados o 27 de setembro nun acto público coincidindo co Día Mundial do Turismo, teñen como finalidade apoiar, poñer en valor e dar visibilidade ao traballo e a calidade do sector turístico e hostaleiro da provincia de Lugo. Os galardóns teñen carácter honorífico, igual que nas anteriores edicións, e consistirán nun diploma acreditativo e un agasallo, que será unha peza de artesanía tradicional da provincia.
O xurado estará composto polos representantes do Consello Provincial de Turismo, que, nunha sesión extraordinaria, fallará tres premios nas categorías de Lugo Cambia ao Turismo Lucense e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense, e un único premio no caso da categoría de Turismo Sostible. Na valoración das candidaturas terase en conta a achega da iniciativa ao desenvolvemento turístico, a singularidade da proposta e a repercusión positiva sobre a imaxe da provincia.
Estes premios, que convoca con carácter anual a Deputación de Lugo, celébranse desde o ano 2020 nas categorías de Lugo Cambia ao Turismo Lucense e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense. Uns recoñecementos que se ampliaron o ano 2022 coa creación da modalidade de Turismo Sostible, que ten por obxecto o distinguir aquelas iniciativas que, dentro do ámbito da provincia de Lugo, contribúan a acadar a sustentabilidade turística no eido social, económico e medioambiental.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



