O Valadouro, 18 de xuño, 2024. O Valadouro acollerá este sábado a primeira edición do Valadouro Rock, que reunirá bandas referentes e novos talentos na escena rock estatal en Ferreira co apoio da Vicepresidencia da Deputación e do Concello de Valadouro.
O deputado de Mocidade Daniel García e o tenente alcalde do Valadouro Eduardo Chao presentaron o cartel do festival, acompañados polos seus promotores Agustín Claverol e Sergio Rubio.
A actuación da banda de heavy metal Obús -en xira polo corenta aniversario – con Fortu Sánchez á cabeza encabezan un cartel que tamén conta con outra figura de referencia como o fundador e exvocalista de Siniestro Total Miguel Costas.
Os valencianos Gigatron -recoñecidos polo seu rock humorístico -, Vita Imana, Strikebak, Leather Boys, Drunken Buddha ou Sküld nutren unha proposta que apela a distintas xeracións de amantes do rock e que reivindica tamén os grupos locais cos ribadenses Materia Muerta.
Daniel García mostrou o seu apoio “a esta iniciativa, que amplía e diversifica as propostas culturais e musicais da Mariña no verán” e destacou “a vontade expresada polos promotores de de mostrar e proxectar o patrimonio natural e histórico do Valadouro a través da música”
O tenente alcalde do Valadouro e responsable de Cultura valorou “a aposta da organización polo Valadouro para poñer en marcha este festival, que dará a coñecer o concello a un público novo, que viaxa movido pola música” e que “terá un impacto positivo tamén na hostelería e no comercio local”.
Os organizadores do festival profesionais da promoción musical, destacaron que “o movemento social que acompaña este tipo de música valque “a aposta por este xénero ro movemento social que acompaña a rock
A organización porá a disposición do público servizos de bus desde Viveiro, con parada en Xove, San Cibrao, Cervo, Burela, Cangas de Foz e Foz. A contorna do festival, que se celebrará no parque Concepción Arenal, contará con zona de acampada e con food trucks gastronómico.
O recinto do festival, baixo a etiqueta de “festival amigo” contará tamén con stands doutros festivais da Mariña e do Occidente asturiano, xenerando sinerxias tanto a nivel de promoción musical como de público.
Apoio da Xunta
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, gabou o traballo da organización para ofrecer “unha proposta deste nivel que terá un impacto positivo na economía do Valadouro”, ao tempo que “contribúe a diversificar a oferta turística na Mariña e a dar a coñecer toda a riqueza da zona”.






















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



