A inversión, que superou os 70.000 euros, incluíu diferentes actuacións para solucionar os problemas de filtración das instalacións e a previsión é que as obras rematen na vindeira semana
Vilalba, 27 de xuño de 2024. O Concello de Vilalba ultima os derradeiros traballos na cuberta do pavillón municipal co obxectivo de solucionar as deficiencias que presentaban as instalacións e as recorrentes filtracións de auga que afectaban, fundamentalmente, á zona de vestiarios.
Máis concretamente, as obras, que supuxeron unha inversión de máis de 70.000 euros, comezaron coa substitución dos 70 paneis translúcidos existentes na cuberta debido ao estado de “regular conservación” no que se atopaban, tal e como apuntaba o estudo técnico realizado de forma previa á licitación da obra. Nesa liña, colocáronse novos paneis de poliéster e, á súa vez, realizouse un repaso e unha reposición total da tornillería da cuberta, así como das chemineas.
Pola súa banda, as actuacións tamén incluíron a colocación dun novo sistema de babeiro na xunta de encontro da fachada do pavillón coa zona de vestiarios, na cal, ademais, se retirou a antiga cuberta de fibrocemento para colocar unha nova de paneis sándwich de chapa precalada.
“Grazas a estas obras poderemos solucionar as múltiples deficiencias que presentaban as instalacións, tales como a humidade nos vestiarios, as goteiras, a cor amarelada e o deterioro dos lucernarios, así como os diversos problemas de filtración que impedían un uso axeitado das instalacións” sinalou a alcaldesa, Marta Rouco.
Ademais, o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, explicou que “en total as actuacións realizáronse sobre máis de 1.700 metros cadrados e a súa complexidade, así como as condicións meteorolóxicas e os requisitos legais, fixeron que se demoraran no tempo máis do previsto”.
Non obstante, o pavillón municipal contará finalmente para a vindeira tempada cunha cuberta totalmente renovada que paliará as incomodidades que viñan sufrindo os clubs deportivos que fan uso da instalación.
E ademais, “as renovadas instalacións, que estarán rematadas para a vindeira semana, permitirán aos nenos e nenas dos campamentos municipais desenvolver sen incidencias as súas actividades nos días que chova ou as condicións meteorolóxicas non sexan óptimas para permanecer ao aire libre”, sinalou a alcaldesa, Marta Rouco.




















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



