Esta semana houbo varias reunións de traballo e unha xunta local de seguridade sobre o festival
Viveiro, 14 de xuño de 2024. O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do Resurrection Fest, que terá lugar do 26 ao 29 de xuño, a acampada do Parque Pernas Peón estará regulada pola organización do festival. Este espazo habilitarase con todos os servizos necesarios e cun control de aforo, co fin de ofrecer unha maior seguridade e mellor prestación ás persoas usuarias que fan uso desta zona.
A regulación da acampada no Parque Pernas Peón esixe que o recinto do parque se atope pechado, con control de acceso pola organización. Este aforo limitado permite unha acampada controlada no parque, cun aforo non masificado, que vai redundar positivamente na conservación deste espazo de uso público, podendo quedar nunhas boas condicións para o uso xeral dos veciños e veciñas de Viveiro, unha vez finalizado o festival.
Ademais, tamén se cedeu o uso do Campo de Fútbol Marcos Gómez para habilitar máis prazas de acampada, que se habilitarán nesta instalación deportiva, nas zonas de bordean o terreo de xogo. Esta acampada, que tamén será regulada pola organización do festival, permite ampliar os espazos dispoñibles para acoller á grande cantidade de visitantes que Viveiro agarda con motivo do festival e, ao mesmo tempo, permitirá que os usuarios poidan acampar con comodidade.
Ambos espazos abrirán ao público o martes 25 de xuño, ás 16:00 horas; é dicir, na tarde previa ao inicio do Resurrection Fest, que terá lugar do 26 ao 29 de xuño.
Por outra banda, tamén se quere informar que se celebraron varias reunións de traballo e unha Xunta Local de Seguridade, presidida pola alcaldesa, María Loureiro, e na que estivo a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, con motivo da celebración do festival. Tamén participaron a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, e o concelleiro Jesús Fernández.
Nestas xuntanzas tratáronse diversas cuestións relativas á seguridade e á regulación do tráfico durante eses días, tendo en conta, ademais, a falta do servizo da Policía Local.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



