Ribadeo, 13 de xuño de 2024. Do 14 de xuño ao 17 de agosto poderase visitar no Forte de San Damián a exposición do escultor Eduardo Rodríguez Osorio. A mostra, que será inaugurada mañá ás sete da tarde, foi presentada no salón de plenos do Concello.
Nese acto Mily Osorio anunciou que “este próximo viernes, día 14, a las 7 de la tarde, inauguramos la exposición de escultura Unha Viaxe no Tempo a través da Arte del escultor lucense Eduardo Rodríguez Osorio, en un lugar mágico como es el Fuerte e San Damián, coincidiendo con el 400 aniversario”.
A filla do escultor lugués subliñou que “es una exposición muy especial, va a ser la primera del escultor en esta villa. Tuvo un nexo, una comunión especial con Ribadeo, ya que él estuvo como profesor en el Instituto Gamallo Fierros del año 1955 al año 1963. Y en esos años modeló los retratos del Viejo Pancho, de Dionisio Gamallo, del escritor Daniel Cortezón, del pintor Amando Suárez Couto, además de otras esculturas, algunas de ellas que han sido premios de escultura. Esperamos que los ribadenses disfruten de su patrimonio histórico, de la historia que le rodea, y a los que estáis todos bienvenidos, que lo celebramos con muchísima ilusión”.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, convida “a ribadenses e visitantes a achegarse durante estes dous meses ata o Forte de San Damián, que cumpre 400 anos, a gozar desta mostra escultórica e dun espazo tan singular coma este”.
Na presentación da mostra Unha Viaxe no Tempo a través da Arte participaron o alcalde, Daniel Vega, a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e Mily Osorio, a filla de Eduardo Rodríguez Osorio.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.


