Lugo, 11 de maio de 2024. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsar a terceira edición do programa “Da Escola á Granxa”. Dende a aprobación da listaxe de beneficiarios pola Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, o pasado 21 de maio, puideron gozar deste programa escolares de 10 grupos de alumnos e alumnas de educación infantil e primaria de centros escolares da provincia de Lugo.
Un deles foi o estudantado do Colexio Martínez Otero de Foz, que visitou a granxa SAT Lodos e Pérez,situada na parroquia de Pousada, na Pastoriza. Durante unha xornada nas actividades diarias desta granxa familiar de gando vacún de leite en extensivo, con recría en semi-intensivo e sistema de muxido robot.
O deputado de Rural Daniel García participou na visita, na que o alumnado puido colaborar na alimentación dos animais e participou nas tarefas de aleitar con biberón ás crías, probaron o leite fervido producido na granxa e percorreron os corredores coñecendo cada unha das instalacións. Ademais, as nenas e nenos recibiron tamén un exemplar do libro “Os Bolechas. Da Escola á Granxa”, que a área de Rural edita con
Bolanda, como material didáctico que lle proporciona contido ao programa.
Daniel García destacou que “estas visitas permiten que as nenas e nenos, incluso aqueles que viven no rural, se acheguen á gandería e á agricultura desde unha nova perspectiva, a través de persoas que transmiten un gran entusiasmo polo que fan e que amosan a importancia que o sector primario ten na actividade económica, pero tamén na
produción de alimentos de calidade e na fixación de poboación”.
A granxa familiar SAT Lodos e Pérez é unha das 34 granxas e proxectos de emprendemento no rural, 5 máis que na pasada edición, que participan no programa Da Escola á Granxa: granxas, pequenas producións agrarias e obradoiros alimentarios das distintas comarcas, con actividades diversas, desde a produción de froita e produtos de horta ata a cría de gando vacún, ovino, porcino celta, cabrún, avícola ou cabalar ou a
elaboración de queixos e marmeladas.
En total desenvolveranse 129 actividades, entre as que se atopan 30 obradoiros e 99 visitas, e 51 son as ANPAS beneficiarias.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



