Iria Castro denunciou a falta de planificación do verán por parte da Consellería de Sanidade, que agrava a falta de persoal na sanidade públicas
Lugo, 25 de xuño de 2024. O BNG esixe á Xunta de Galiza a reapertura dos consultorios e das camas de hospitais pechados durante o verán. A demanda recóllese nunha moción aprobada no pleno provincial deste martes na que o grupo nacionalista puxo en evidencia a falta organización e planificación dos meses de verán por parte da Consellaría de Sanidade, que está agravando a falta de persoal nos centros sanitarios públicos.
Na exposición da moción, a deputada Iria Castro referiuse a situación dos consultorios de Castro de Rei e de Doiras (Cervantes), que o goberno galego pechará nos meses de verán, á falta de persoal en centros de atención primaria en municipios da Mariña, que multiplican a súa poboación nos vindeiros meses, ou ao peche de camas nos tres centros hospitalarios da provincia.
“As vacacións, como as xubilacións, son problemas que a Consellaría sabía que iamos ter” e que non se resolven “cun plan improvisado aprobado a mediados de xuño” dixo a deputada que pediu unha vez máis ao goberno galego que “afronte o deficit estrutural de persoal, a precaridade e a falta de orzamentos”, que está comprometendo a calidade do sistema sanitario público.
Iria Castro afeou o voto en contra da moción dos deputados do Partido Popular sinalando que “as veciñas e veciños están vendidos por representantes municipais que non os están defendendo”.
A moción, aprobada cos votos de BNG e PSdG, inclúe como puntos de acordo: esixir á Xunta de Galiza que garanta a reapertura de todos os consultorios pechados, a cobertura dass baixas por vacacións, enfermidade e xubilacións do persoal sanitario e a reapertura das camas pechadas durante a época estival nas diferentes plantas dos hospitais da provincia.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



