Foz, 19 de xuño de 2024. O Concello de Foz levará a pleno o día 27 de xuño a aprobación definitiva e completa do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, lembra que “o 18 de setembro do ano 2018 a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia aprobou parcialmente o Plan Xeral de Foz, deixando en suspenso tres zonas: terreos clasificados como urbanos entre a estrada nacional N642 e o ferrocarril, terreos clasificados como solos urbanizables industriais no entorno do parque empresarial de Foz, situado en Fazouro, e os terreos da parroquia de Cordido clasificados como solo de núcleo rural. Esta aprobación parcial provocou un grave prexuízo aos veciños de Cordido, que desde esa data non poden obter licencia para vivendas en ningún terreo da parroquia. Ao derrogar o goberno de Castiñeira as vellas Normas Subsidiarias e suspender a Consellería o Plan Xeral para o solo de núcleo rural nesta parroquia, provocouse unha situación de bloqueo que imposibilita a día de hoxe construír novas vivendas. Castiñeira aprobou o PXOM sen legalizar as captacións e a Xunta de Galicia suspendeu o Plan Xeral na parroquia de Cordido por este motivo. Desde o primeiro minuto que entramos a gobernar estivemos traballando para legalizar a captación diante de Augas de Galicia e conseguir a aprobación definitiva e completa do PXOM, para solventar unha situación de bloqueo que herdamos coa alcaldía”.
En novembro do pasado ano 2023 o Concello de Foz obtivo de Augas de Galicia a ampliación de caudal do río Ouro e en febreiro do presente 2024 ano a legalización da captación de Cordido. O 4 de abril o alcalde de Foz -xunto a técnicos municipais e redactores do PXOM- mantivo unha reunión en Santiago de Compostela coa Directora Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas. “Estoulle moi agradecido por recibirnos con dilixencia e por ser unha verdadeira reunión de traballo, na que se definiron os documentos que había que aportar para desbloquear a situación actual do PXOM.
Estivemos traballando estes dous meses e agora lévase a pleno, co obxectivo claro de que aquel que queira construír unha vivenda en Cordido poida facelo e que non se desaproveite unha oportunidade de xerar emprego no parque empresarial se aparecen inversores para desenrolar o solo urbanizable industrial”, engade Fran Cajoto.
Unha vez aprobado en pleno o documento será remitido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa aprobación definitiva e completa.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



