Ribadeo, 23 de xuño de 2024. Este ano o Concello de Ribadeo conmemorará o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, con dúas iniciativas destacadas que buscan sensibilizar á poboación e celebrar a diversidade.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “para sensibilizar e promover unha mensaxe de inclusión, o Concello preparou uns soportes que se distribuirán a todos os establecementos de Ribadeo. Estes soportes levarán unha mensaxe clara: A diversidade enriquécenos sen importar quen sexas e a quen ames. Nesta mensaxe estará o teléfono do servizo Arco da Vella, identificado co número 028, que loita contra a violencia e a LGTBIfobia. En letras grandes e visibles, mostrarase o lema Ribadeo Orgullosa”.
A edil ribadense conta que “ademais ás 21:00 horas no Parque San Francisco, presentarase Feitas ao Sisel: Espectáculo Poético Musical, baseado na obra gañadora do XVII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, da autora Diana Kurich. Este espectáculo promete ser unha experiencia única que combina poesía e música, celebrando a creatividade e a arte dentro do contexto da diversidade e a inclusión”.
Sanjurjo engade que “para pechar a xornada de conmemoración ás 21:30 horas tamén no Parque San Francisco, haberá unha festa con discoteca móbil. Este evento festivo busca ser un punto de encontro que promova a inclusión e o apoio ao colectivo LGTBIQ+”.
A concelleira de Igualdade sinala que “Ribadeo é un exemplo de convivencia e aceptación e queremos que todas as persoas se sintan benvidas e valoradas. Desde o Concello de Ribadeo animamos a tod@s @s cidadáns e visitantes a participar nestas actividades, demostrando así que a nosa vila é un lugar inclusivo e orgulloso da diversidade”.




















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



