Xove, 22 de xuño, 2024. O grupo Socialista de Xove, con motivo do primeiro aniversario desta lexislatura, a través da súa representante Rogelia Mariña trasladou unha serie de preguntas ao Equipo de Goberno para ver cal foi o contido e polo tanto, consecución neste primeiro ano de goberno.
“A nosa candidata Rogelia Mariña plantexou doce preguntas e unha moción.
“Nesta moción consideramos solicitar a construción dun bloque de 100 vivendas sociais para dar resposta ao tema de falta de vivendas en Xove. Xa que dende os anos 2000 nada se fixo,e tamén vemos que dende fai mais de 16 anos nin unha sola grúa se ve en Xove. Polo que esta carencia de vivenda, obriga á xente xove a mercar fóra do noso pobo”.
“O equipo de Goberno, capitaneado polo Sr Salgueiro, votou en contra argumentando que só hai unha solicitude. Parécenos, canto menos triste,que dende o goberno non vexan a realidade do que acontece, xa non só a día de hoxe, tamén ollando cara o futuro”.
“As preguntas foron plantexadas para que nos dera resposta a propostas que neste ano fixo o Grupo Socialista, xa que os cidadáns nos puxeron na oposición e dende ese posto exercemos o noso traballo, que é facer un control ao Goberno e o mesmo tempo facer propostas que amosen as deficiencias que vemos e que si tiveramos a responsabilidade de gobernar acometeriamos”.
“Resulta que o Sr. Alcalde quéixase de que son moitas preguntas e que non lle gusta o ton no que son formuladas. Parece que nos plenos do Concello de Xove se preguntas, molesta un pouco. Pois benvida esa molestia, porque o seguiremos facendo”.
“Están a demostrar as poucas ganas que ten de traballar por Xove, aínda que ten unha dedicación exclusiva ben pagada, que lle recordamos sae dos impostos que todos o xovenses pagamos relixiosamente”.
“E en canto ao ton, son propostas e preguntas presentadas con respecto, educación e sen insultar a ninguén, pero con sentido de critica política a esa parálise que xa leva 17 anos, e supoñemos que non lle gusta o recordemos. Ten solución: poñerse a traballar·.
“As preguntas foron sobre como avanza o tema da mellora do abastecemento e calidade da auga, xa que se hai seca este verán volveremos a ter restricións de auga e cando chove segue a saír barro polas billas”.
“A mellora e ampliación do Polígono Industrial de Camba, máis do mesmo: está igual que cando se fixo aló polos 90, e a contestación é: -estamos elaborando o proxecto-“.
“No tema de Centro de día para os nosos maiores, a contestación por parte do Goberno é que o están mirando. E mira que mira levamos 17 anos sen el”.
No tocante a saneamento, a opción do Goberno P.P. de Xove e Xunta é seguir cos pozos negros, nada van facer para avanzar neste tema. Seguiremos contaminando as augas subterráneas, os ríos e vertendo ás praias, política do P.P”.
“Sobre os pantaláns para o porto de Morás, as mesmas desculpas dos últimos 17 anos, que si é culpa de costas, de Portos… é dicir xestión cero”.
“Con respecto da mellora agrícola e forestal, nada de nada, as pistas forestais cada día en peor estado e sen regulamento de coidado ningún”.
“No aspecto deportivo, triste ver como admite o Sr. Alcalde que é posible a desaparición do Xove-Lago, cando dende o Goberno fan moi pouco para potenciar o deporte de base. Fíxose un campo de adestramento case coma os que ten o Real Madrid, dentro de pouco será para levar as vacas a pastar, aínda que nin iso, xa que é de herba artificial”.
“Esta situación é reflexo dun goberno que segue con pouca previsión e organización. Iso si, facendo festas, muros e favoriños para manter os votos hai que poñerlles un 10”.
Mentres tanto Xove está totalmente paralizado, o único que puxeron moitas ganas foi ao parque inaugurado o día das eleccións Europeas, supoñemos por orde dos altos dirixentes do P.P., rozando a ilegalidade e por suposto sen respecto algún ás mínimas regras de ética democrática, este o tono que lle gusta ao P.P. Dende o partido socialista de Xove sempre vamos apoiar as iniciativas que se fagan para Xove e o benestar dos seus veciños, benvidas sexan. Pero cremos que antes da realización dese parque, hai moitas prioriodades antes onde invertir e de maior urxencia.
“En definitiva, 17 anos que se botamos unha ollada a Xove seguimos igual en canto a vivenda, saneamento etc… e nós vamos seguir pelexando para que esto cambie”, conclúen.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



