O titular autonómico reclama á Comisión Europea os recursos financieiros necesarios para incentivar esta revolución tecnolóxica e impulsar as modificacións necesarias nunha frota que só en Galicia, a máis relevante da UE, está composta por 4.200 buques
Vigo, 27 de xuño de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, avoga porque a descarbonización da frota se faga de forma gradual, realista e asumible polo sector de acorde coas súas posibilidades, baixo os criterios de respecto ao medio ambiente e de competitividade. Así o expuxo no marco da xornada sobre o proceso de abordaxe da remisión de emisións de carbono, organizada pola Consellería con motivo do Día Marítimo Europeo, e que se desenvolveu este xoves a bordo do Hidria II, situado en Vigo. Alfonso Villares estivo acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.
Galicia únese así a esta iniciativa que se celebra en todas as concas marítimas da Unión Europea e na que os temas principais son as transición enerxética e a economía azul, no marco do Pacto Verde Europeo. Tal é así que a Consellería do Mar ven colaborando coa Universidade da Coruña, a Fundación Marlnnleg, o Clúster Naval de Galicia e a Bretaña francesa, para abordar este asunto cunha programación de futuro, de forma que as propostas serán enviadas a Bruxelas para garantir unha descarbonización da frota gradual, equilibrada e viable.
Galicia, líder en Europa
Precisamente, a nosa comunidade por ser líder en Europa en pesca e cultivos mariños, tamén será a zona de toda a UE que maiores recursos económicos necesite para realizar este tránsito. É por iso que dende a Xunta de Galicia se ven reclamando á Comisión Europea os recursos financieiros necesarios para incentivar esta revolución tecnolóxica e impulsar as modificacións necesarias nunha frota que só en Galicia, a máis relevante da UE, está composta por 4.200 buques.
Por iso, combater o cambio climático e reducir as emisións de dióxido de carbono á atmosfera en 2030 e eliminalas en 2050 é un obxectivo común da UE, da ONU e da comunidade autónoma. Aínda que a actividade da flota pesqueira só xera entre o 0,1% e 0,5% dos gases de efecto invernadoiro procedentes de combustibles fósiles, o sector quere contribuír á consecución deste obxectivo. Para cumprir este cometido, necesita acometer a renovación da frota e, para este proceso, precisa opcións tecnolóxicas alternativas ás tradicionais.
E neste compromiso, a Autoridade Portuaria de Vigo, segundo destacou o conselleiro, está liderando esta transición co deseño dunha ferramenta de análise para aumentar a capacidade de pesca con novos combustibles, a construción dunha embarcación eléctrica de pequeno tamaño ou a actualización do Sistema Educativo Europeo vinculado á náutica e a pesca con novas tecnoloxías.
A economía azul, unha oportunidade para Galicia
Os sectores tradicionais da economía azul galega xeran en Europa un volume de negocio de máis de 650.000 millóns de euros e uns 4,5 millóns de empregos. Este modelo económico é, por tanto, unha gran oportunidade para Galicia. É a folla de ruta a seguir para impulsar aqueles avances tecnolóxicos nos sectores que viven do mar e que contribúen ao proceso de descarbonización do sector mar-industria; un conxunto de actuacións que propiciarán un salto económico da man dunha transición xusta e sostible para o sector mar-industria, dirixidas a alcanzar a neutralidade climática, a descarbonización do transporte marítimo e da actividade pesqueira e marisqueira, e a consecución de portos máis ecolóxicos. En definitiva, un traballo realizado no marco do Pacto Verde Europeo, para impulsar a transición cara unha economía sostible e libre de carbono.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



