Burela, 16 de xullo, 2024. A actividade “Campamento Mariñeiro”, pertence ao proxecto “Actividades centenario Confraría de Pescadores de Burela”, onde un grupo de 10 rapaces e rapazas se converterán en “mariñeiros e mariñeiras” asistindo a un campamento durante os días 22 e 23 de xullo.
Os/as grumetes somerxeranse nas distintas dependencias da Confraría (Arquivo Histórico, Sala de Radio Costeira, Fábrica de Xeo) e tamén noutros puntos de interese do Porto de Burela (falla xeolóxica, Barco Museo, redeiras e redeiros, A Moncloa, lonxa de ABSA, etc., poñendo en valor o patrimonio inmaterial e material marítimo-pesqueiro como elemento de reforzo da identidade territorial, dando a coñecer a riqueza patrimonial da Confraría e do Porto de Burela.
Tamén haberá tempo para obradoiros de nós mariñeiros, actividades de realidade virtual, ruta en kaiak ata a Igrexa de Coedo, actividades acuáticas na Praia de O Perdouro, etc. e mesmamente vivirán unha experiencia única pernoctando no Barco Museo Reina del Carmen.
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto “Actividades centenario Confraría de Pescadores de Burela”, proxecto que conta coa resolución favorable da Consellería do Mar para a concesión de axuda ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada polo GALP A Mariña-Ortegal, ao amparo da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A).
Entro outros obxectivos, o proxecto “Actividades centenario Confraría de Pescadores de Burela” pretende divulgar a cultura mariñeira, poñer en valor os traballos do mar desenvoltos por mulleres, a integración social, o relevo xeracional e potenciar a labor social da Confraría de Pescadores de Burela nos seus 100 anos de historia.






















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



