No Pleno deste martes quedou aprobada unha moción dos socialistas para que o Executivo autonómico garanta o acceso aos servizos sanitarios a aquelas persoas que o necesiten, tanto se residen no medio urbano como no rural
Lugo, 30 de xullo de 2024. A Deputación de Lugo reclamará á Xunta de Galicia o deseño dun Plan Integral de Atención Sociosanitaria que garanta o acceso aos servizos sanitarios das persoas maiores e das persoas dependentes, tanto do medio urbano como do rural, residan nos seus domicilios ou en establecementos vencellados á rede asistencial pública ou privada. Así se acordou no Pleno ordinario do mes de xullo celebrado este martes no Pazo de San Marcos, tras a moción presentada polos socialistas, que foi aprobada por unanimidade cos votos a favor do PSdeG e do BNG e cos votos en contra do PP.
Antes de comezar coa sesión provincial, o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, explicou que con esta iniciativa os socialistas queren “impedir que a Xunta de Galicia faga trampas ao solitario”. Explicou que a o Executivo galego “pretende esixir ás outras administracións cuestións que non se esixe a si mesma ou que non lle esixe á privada”. E valorou que no que ten que ver coa atención sociosanitaria, “a Xunta non nos vai a dar exemplo”.
Explicou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, que o cambio que propón facer a Xunta ao decreto que regula as condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a maiores “ten un carácter lesivo para os centros de menor tamaño” -como os que compoñen a rede da Deputación- porque a ratio de persoal de enfermería con que obriga a contar resulta máis custoso para os centros pequenos que para os de carácter masificado que propón o Executivo autonómico.
“Resulta inevitable sospeitar da mala intención da Xunta cando na súa proposta de cambio di que pensa consultar a todos os actores afectados pola medida e non consultou, por exemplo, a esta Deputación”, valorou Rivera. Lembrou que a institución provincial trata de cubrir coa súa rede de residencias as carencias e o desleixo da Xunta en materia de coidado de maiores e dependentes e reprochou que o Executivo galego se sitúa “moi por debaixo” da media de gasto en dependencia respecto a outras comunidades autónomas, dedicando 4.726€ por cada persoa dependente –e reducindo a cantidade en 130€ por persoa con respecto ao 2022- e lonxe da media, que se sitúa en 6.100€ por dependente”.
O texto da moción aprobada reclama ademais que o Plan garanta o acceso á carteira de servizos sanitarios de todas as persoas usuarias dos centros da rede asistencial a maiores –residencias, fogares asistenciais ou vivendas comunitarias- de xeito que non se produzan situacións de desigualdade en función da tipoloxía do centro, do seu tamaño o do seu tipo de xestión. Inclúen ademais a demanda do reforzo inmediato dos servizos sanitarios do rural, especialmente no que fai referencia a Atención Primaria; e o reforzo do persoal de enfermaría, así como dos medios materiais necesarios para garantir a atención ou traslado a centros sanitarios dos maiores usuarios de residencias sempre que o precisen.
Anulación da suba do canon de recollida de lixo
O Pleno tamén sacou adiante outra moción do PSdeG para reclamar á Xunta de Galicia que anule a suba do canon de recollida de lixo anunciada por Sogama o pasado mes de xuño aos Concellos. A iniciativa saíu adiante cos votos a favor dos socialistas e do BNG e coa abstención do PP.
“É unha vergonza que queiran cubrir coa súa mala xestión de Sogama unha suba dun 33% a taxa do lixo e que haberá que repercutir a partir do ano que vén aos cidadáns”, explicou Tomé Roca, “queren trasladar a súa incompetencia e o desastre no que converteron Sogama aos Concellos e aos cidadáns”. “O que queremos os socialistas é que melloren a xestión de Sogama, que non faga falta cobrar estas altas cantidades e que non lle boten a culpa aos demais, porque quen acordou esta suba foron precisamente Sogama e a Xunta de Galicia”.
Co acordo adoptado no Pleno, a institución provincial esixe tamén que se empregue a totalidade dos 12,1M€ cos que está dotado o Fondo Ambiental como alternativa á suba do canon, con criterios de poboación e toneladas de lixo; que a Xunta faga ademais unha achega suplementaria pola cantidade total recadada en concepto de imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros e a incineración e a coincineración de residuos que xa está a recadar; que o Executivo tome ademais medidas para incrementar a eficacia da reciclaxe e reverter os seus beneficios na veciñanza; e que Xunta e Sogama abran unha comisión de traballo coa FEGAMP para deseñar o canon para o 2025, tendo en conta a situación e necesidades dos Concellos.
Adhesión do Concello de Sarria ao TARCLU
A sesión provincial celebrada este martes tamén aprobou a adhesión do Concello de Sarria ao Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputación de Lugo (TARCLU). A medida saíu adiante cos votos a favor do PSdeG e do BNG e coa abstención do PP. Este servizo que puxo en marcha a Deputación de Lugo en maio deste ano, acolléndose á Lei de Contratos do Sector Público, serve para resolver con maior axilidade e eficacia os recursos especiais en materia de contratación da propia institución provincial e dos concellos que decidan voluntariamente facer uso del.
Toma de posesión dun novo deputado
Tamén durante o Pleno deste martes o Alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo González, tomou posesión como Deputado provincial do PP en substitución de Carmen José López Pérez.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



